Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O queixo afumado de San Simón da costa atrae polo seu sabor

Un pouco de queixo, pola mañán

Sociedade 01/04/2010
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Un pouco de queixo pola mañán, a mediodia queixo con pan, e pola noite queixo, se mo dan. O refrán diciao Don Antonio Fraguas, resumindo á perfección os efectos positivos de reducidas cantidades de queixo en diferentes horas do dia. O de San Simón da Costa celebra este sábado e domingo a súa Feira anual en Vilalba.


Os orzamentos do Concello de Guitiriz suscitaron as críticas do BNG local

O BNG de Guitiriz critica a tardanza e falla de información á cidadanía para elaborar os orzamentos

Sociedade 31/03/2010
  Envía a túa opinión

O BNG de Guitiriz, a través do seu responsable local, Xosé Lois González Souto amosouse “decepcionado” co equipo de Goberno do concello pola pouca transparencia á hora de elaborar e aprobar os orzamentos municipais. Neste sentido, o responsable guitiricense do Bloque criticou que o executivo local “desistise tan axiña da posibilidade de elaborar uns orzamentos consensuados, desbotando case desde un primeiro momento dar voz ás organizacións sociais, asociacións e á cidadanía de Guitiriz en xeral, para elaborar uns orzamentos equilibrados, que realmente servisen para mellorar o desenvolvemento do noso concello”.


Vázquez, terceira pola esquerda, xunto con Barreiro, terceiro pola dereita, no polígono da vila chairega

O PP de Guitiriz acusa de abandono ao goberno local pola súa xetión do Polígono Industrial

Sociedade 31/03/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O Partido Popular de Guitiriz criticou a xestión do Polígono Industrial guitiricense por parte do goberno municipal e provincial polo “abandono e deixadez que existe desde 2003”. A voceira popular na vila, María José Vázquez, pediu “mais apoio e axudas para as PEMES e os autónomos en vez de trabas e ameazas”.


A Casa Consistorial de A Pastoriza podería vivir unha moción de censura do PPdeG

O anuncio dunha moción de censura do PP de A Pastoriza concita as críticas do equipo de goberno

Sociedade 31/03/2010
  Envía a túa opinión

O anuncio do Partido Popular de A Pastoriza de iniciar as reunións cos grupos políticos municipais para presentar unha moción de censura no concello motivou a contestación por parte do grupo socialista que, por boca do seu secretario provincial, Luis Rodríguez Edrosa, recibiu anova “con absoluta sorpresa e indignación”, xa que “o equipo de goberno e os dous grupos municipais que o sosteñen (PSdeG e BNG) están a desenvolver un excelente traballo no concello”.Edrosa acusou tamén ao PP de “comprar vontades e tentar de chegar á alcaldía doutro concello desta provincia por un atallo sen ter en conta a opinión maioritaria dos veciños e veciños que cos seus votos fixeron posible un cambio de goberno logo das eleccións do ano 2007”.


Cartel da obra teatral programada por Xotramu

XOTRAMU programa a obra de teatro “A gata sobre o tellado de Zinc” en Muimenta

Sociedade 31/03/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Deportiva, Cultural de Veciñal do Xogos Tradicionais de Muimenta - XOTRAMU, programou para o vindeiro sábado 24 de abril a representación da obra de teatro "A gata sobre o tellado de zinc quente", que levará adiante a Asociación Cultural Axóuxere de Teatro de A Coruña.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros