Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Cacharela de San Xoán

O Ecoespazo do Rexo celebra a noite de San Xoán

Sociedade 24/06/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz e a Fundación Ramón González Ferreiro organizan, un ano máis, a Festa-Cea no Ecoespazo de O Rexo para celebrar, cuns días de atraso, a noite de San Xoán. Será este sábado, 27 de xuño, a partir das nove e media da noite. Os asistentes poderán degustar, por un prezo de 14 euros, o bono para os adultos, e 6euros os nenos, produtos típicos alaricanos. Empanada, cordeiro e queixo do Rexo, viño e doces compoñen o menú acompañado coa música dos tradicionais gaiteiros. Poderás facerte cos bonos na Oficina de Turismo ou, directamente, no Ecoespazo de O Rexo.


Desfile de moda de Felicidad Duce

Allariz acolle o desfile de Moda de Felicidad Duce

Sociedade 24/06/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Allariz colabora coa Escola Superior de Deseño e Moda Felicidad Duce para realizar o desfile de moda de fin de curso. Será este venres 26 de xuño ás dez e media da noite no Paseo da Alameda. En total, poderán verse 15 proxectos finais, ademais dos traballos dos alumnos de estudios superiores, realizados na materia de volume e cor. A firma Trinidad Vidueira pechará este desfile coa presentación da súa colección de inverno 2010. Ao seu remate o xurado fallará a favor das tres mellores coleccións.

 


Monte de San Martiño

Torneiros, Seoane e San Martiño únense nunha comida de confraternidade

Sociedade 23/06/2009
  Envía a túa opinión

As comunidades de montes de Torneiros, Seoane e San Martiño, en Allariz, organizaron para este sábado, 27 de xuño, o seu xa tradicional xantar de confraternidade ao que acudirán unhas 500 persoas. Unha oportunidade para gozar do entorno natural e da explotación gandeira situada en terreos destas comunidades de montes.


Piragüismo en Allariz

Natación, piragüismo, volei-praia e pesca para gozar do verán

Sociedade 22/06/2009
  Envía a túa opinión

Os departamentos de Cultura e Deportes de Allariz comezarán, a partir do 1 de xullo, coa programación estival. Natación, piragüismo, volei-praia ou pesca son as propostas deportivas das que se poderá gozar nas vacacións. Fóra do eido deportivo estará tamén a ludoteca, unha iniciativa educativa e divertida, que se desenvolve principalmente nas épocas de vacacións, onde os máis cativos teñen un lugar para xogar, relacionarse e aprender dun xeito lúdico.

 


Mercadiño de troco

Os alumnos de Allariz gozaron dun mercadiño de troco especial para festexar o fin de curso

Sociedade 22/06/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz xunto coa Asociación A.N.D.R.E.A. e o Banco de Tempo organizaron esta mañá unha edición especial do mercadiño de troco, coincidindo co fin do curso escolar. A programación desta actividade incluíu a realización dun mercadiño para os alumnos máis maiores do Colexio Padre Feijóo e outro pase para os máis cativos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros