Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

O Laxeiro

Unha boa laconada arredor da figura do Laxeiro

Sociedade 22/02/2011
  Envía a túa opinión

Como todolos anos por estas datas os amigos e admiradores de Laxeiro reúnense no Restaurante Puesto Piloto de Alcabre para recordar ao singular artista e amigo José Otero Abeledo, Laxeiro. Nun xantar ao que, desde o ano 2000 se une o Padroado da Fundación Laxeiro que, na sobremesa fará entrega do Premio Laxeiro 2011, na súa VIII edición, ao persoeiro da Cultura que saia elixido da Reunión do Padroado, celebrada na mañán do mesmo día 23.


Tapa do libro de Hessel na versión galega

Manuel Rivas prologa a edición en galego de Indígnate, de Stephane Hessel

Sociedade 21/02/2011
  Envía a túa opinión

O libro inaugura a nova colección Ágora de Faktoría K adicada ao pensamento crítico “Indígnate!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que vai saír publicado nunha vintena de linguas, poderase ler en galego coa edición que está a ultimar o selo editorial FAKTORÍA K para que estea no mercado nos primeiros días de marzo, ao prezo de 5 euros. O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A tradución de “Indígnate!”, a cargo de Fernando Moreiras, complétase coa achega de Marc Taeger no deseño da capa.


O presidente de Portos, Álvarez Campana (centro), no peirao vigués de Canido

O temporal de mar de fondo causou estragos por valor de 250.000 euros nos portos galegos

Institucional 20/02/2011
  Envía a túa opinión

Portos de Galicia estima en arredor de 250.000 euros, os danos ocasionados polo temporal de vento, chuvia e mar de fondo que azotou á comunidade autónoma durante esta semana. Así se deriva dunha primeira avaliación técnica dada a coñecer polo presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana, na súa visita o venres ao peirao de Canido, en Vigo, no que o mar derrubou o edificio de departamentos para usuarios.


Delegados e delegadas da CIG manifestáronse en Vigo

En defensa do emprego e das pensións públicas

Sociedade 17/02/2011
  Envía a túa opinión

Centos de delegados e delegadas da CIG saíron hoxe á rúa en Vigo, A Coruña e Ferrol no marco da campaña que a central está a desenvolver en todas as comarcas do país en defensa do emprego e contra a reforma do sistema público de pensións. As mobilizacións tiveron lugar despois das asembleas organizadas para valorar a folga xeral do pasado 27 de xaneiro, analizar o pacto social entre Goberno e os sindicatos estatais e abordar a convocatoria de novas mobilizacións, entre as que non se descarta unha manifestación en Madrid en abril, coincidindo coa tramitación parlamentaria da reforma das pensións.


Esta certificación asegura a súa permanencia por dous anos máis como Ruta del Vino de España

A Ruta do Viño Rías Baixas renova título

Sociedade 15/02/2011
  Envía a túa opinión

A Ruta do Viño Rías Baixas recibiu esta semana o diploma acreditativo que certifica a súa renovación por dous anos máis como Ruta del Vino de España, unha certificación que outorga a Asociación de Pequeñas y Medianas Ciudades Vitivinícolas (ACEVIN) e o seu comité de Gestión de las Rutas del Vino de España. Esta renovación confirma o bó facer da Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas, que superou con éxito a auditoría realizada durante o ano pasado entre os seus distintos membros. “Este certificado acredita que los estamos haciendo bien, que estamos en el buen camino y que todos los socios incorporados a este Ruta cumplen con los estrictos requisitos obligatorios y complementarios que establece el Manual del Producto Rutas del Vino de España y sus Normas de Autorregulación”, explicou o presidente da Asociación, José Ramón Meiriño.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros