Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Vista da ría de O Burgo

Demandan o saneamento da ria de O Burgo

Sociedade 10/10/2010
  Envía a túa opinión

Unhas 200 persoas participaron este domingo nunha concentración "lúdico-festiva" no Burgo (Culleredo A Coruña) para esixir a sanción aos causantes das verteduras á ría, o remate do seu saneamento integral e a acometida dun plan consensuado de rexeneración ambiental.  No acto, organizado pola Plataforma en Defensa da Ría, participaron distintos representantes dos 30 colectivos que integran esta asociación, así como representantes do BNG ou Esquerda Unida da localidade, tal e como indicou o presidente da Asociación Veciñal O Noso Burgo e membro da Plataforma, Ramón Sixto.


Chega hoxe ás librarías a nova novela de Manuel Rivas

Sociedade 07/10/2010
  Envía a túa opinión

Todo é silencio, a nova novela de Manuel Rivas, chegou hoxe ás librarías galegas. Saíu do prelo cunha primeira edición de 12.000 exemplares, converténdose na obra de maior tirada inicial da historia de Edicións Xerais. O libro narra o ascenso social dun capo contrabandista, Mariscal; unha historia que serve para reflexionar sobre os círculos do crime e a corrupción.


Central térmica de Meirama

Bautista Vega: “ A Xunta apoiános nun principio e á hora da verdade achántase”

Sociedade 06/10/2010
  Envía a túa opinión

O decreto do carbón prima a utilización dos combustibles españois e as centrais térmicas galegas piden compensacións. As consecuencias desta normativa son nefastas para Galicia, declarou en Radiofusión o presidente do comité de empresa de Meirama, Bautista Vega. “Outórgase o 15% as dúas plantas galegas despois da remodelación das instalación para baixar a contaminación e agora co Real Decreto poderían quedar paralizadas ata o 2014”, explicou Vega. Esta situación conlevaría á perda de 3500 postos de traballo e á de 1200 millóns de euros que se poderían xerar nas dúas centrais, das Pontes e Meirama, cifrou o representante dos traballadores do complexo cercedense.


Andrea Maceiras

Andrea Maceiras: “Escribo desde que teño memoria, é a miña forma de vida”

Cultura 06/10/2010
  Envía a túa opinión

“Unha historia de aventuras e de amor a todos os elementos cruciais na vida das persoas: o amor ao coñecemento e ao dereito a dirixir as nosas vidas, ao noso entorno, ao pasado que nos sustenta e o amor polo futuro que nos espera”. Define así, Andrea Maceiras, a súa novela ‘Violeta Tamurana’ que vén de acadar a cuarta edición do Premio Meiga Moira 2010 de literatura infantil-xuvenil. A xove escritora, amosou en Radiofusión, a súa satisfacción e ledicia por este galardón que serverá “para dar a coñecer o meu traballo e un aliciente máis para continuar no mundo da escrita”, explicou.


Xesús Torres escribeu

Xesús Torres: “Lugrís Freire era un home moi popular na Coruña”

Cultura 05/10/2010
  Envía a túa opinión

Solidaridad Gallega era un movemento de rexeneración política, ao marxe dos partidos do turnismo, que xuntaba diferentes ideoloxías que unicamente coincidían na defensa do país. O mitin en Betanzos do domingo 6 de outubro de 1907 foi unha sorte de presentación pública da organización, segundo o historiador Xesús Torres.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros