Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

O sendeiro reservará un espazo para as bicicletas

Paseo verde para bicis e peóns ata Poulo

Institucional 16/06/2009
  Envía a túa opinión

As localidades de Ordes e Poulo enlazarán por unha senda peonil de 4 quilómetros de lonxitude. O paseo verde incluirá un carril bici de 2 quilómetros e suporá asemade a remodelación da rúa do Recreo. Ademais, o Concello de Ordes vén de asinar un protocolo de colaboración para a integración dos inmigrantes na comunidade escolar local. Os detalles destes dous anunciamentos figuran na crónica falada adxunta da Radio Municipal.


A organización conta coa participación duns 3.000 exemplares

Mesón do Vento recibirá agosto coa XVII Feira de Cans de Caza

Sociedade 11/06/2009
  Envía a túa opinión

Máis de 3.000 cánidos é o obxectivo de participación que se marcan os organizadores da XVII Feira de Cans de Caza de Mesón do Vento, no Concello de Ordes. O evento celebrarase os días 1 e 2 de agosto repartirá máis de 3.000 euros en metálico entre os gañadores das diferentes disciplinas que se desenvolverán durante a cita cinexética. Non é a única cita para o mes de agosto no municipio ordense, que tamén lle dará abeiro ao Festival Brincadeiro. Entre o 7 e o 8 de agosto pasará pola vila unha ecléctica representación musical, que vai dende Boney M, ata Che Sudaka pasando por Los Reyes del KO.


O mítico líder de Boney M traerá a música disco a Ordes

Volve o Festival Brincadeira, paradigma do eclecticismo musical

Cultura 09/06/2009
  Envía a túa opinión

De Boney M a Dios Ke Te Crew. O eclecticismo volve a ser o sinal do Festival Brincadeira 09 que se celebrará na vila coruñesa de Ordes os días 7 e 8 de agosto. A programación internacional deste evento, que na pasada edición congregou a máis de 15.000 persoas, contentará a todos os padais musicais. O atractivo aumenta ao saber que tanto a entrada aos concertos como a acampada será de balde.


O Museo do Pobo Galego, na Porta do Camiño, saúda a peregrinos de toda Europa

A diversidade europea pasea por Compostela no día dos comicios comunitarios

Institucional 07/06/2009
  Envía a túa opinión

Uns 1.800 quilómetros de distancia separan a Catedral de Santiago de Compostela da sede do Parlamento Europeo na cidade belga de Bruxelas. Son moitos máis dos que camiñan os peregrinos dende Roncesvalles, mais nunha xornada na que costa captar un grande interese da cidadanía arredor dos comicios supraestatais, se hai un lugar que semelle próximo ao corazón de Europa, ese é a capital galega.


O manifesto trasladaráselle á ONU e ao G-8

A Marcha Universal pola Paz fará escala en Ordes en agosto

Sociedade 01/06/2009
  Envía a túa opinión

As dos peregrinos que percorren a ruta xacobea non son as únicas peregrinacións que chegan a Santiago de Compostela. A Marcha Universal para a Paz debuxou cinco roteiros pola xeografía galega, un por cadanseu continente, polos que centos de persoas camiñarán este verán trasladando o contido dun manifesto pacifista que pensan remitir aos principais órganos internacionais de decisión política, como a ONU ou o G-8. Os promotores da iniciativa fixeron parada promocional no concello coruñés de Ordes. Cóntanos a súa visita, dende a Radio Municipal, Pablo Quinteiro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros