Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 21 de Febreiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A Casa Consistorial de A Pastoriza podería vivir unha moción de censura do PPdeG

O anuncio dunha moción de censura do PP de A Pastoriza concita as críticas do equipo de goberno

Sociedade 31/03/2010
  Envía a túa opinión

O anuncio do Partido Popular de A Pastoriza de iniciar as reunións cos grupos políticos municipais para presentar unha moción de censura no concello motivou a contestación por parte do grupo socialista que, por boca do seu secretario provincial, Luis Rodríguez Edrosa, recibiu anova “con absoluta sorpresa e indignación”, xa que “o equipo de goberno e os dous grupos municipais que o sosteñen (PSdeG e BNG) están a desenvolver un excelente traballo no concello”.Edrosa acusou tamén ao PP de “comprar vontades e tentar de chegar á alcaldía doutro concello desta provincia por un atallo sen ter en conta a opinión maioritaria dos veciños e veciños que cos seus votos fixeron posible un cambio de goberno logo das eleccións do ano 2007”.


Cartel da obra teatral programada por Xotramu

XOTRAMU programa a obra de teatro “A gata sobre o tellado de Zinc” en Muimenta

Sociedade 31/03/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Deportiva, Cultural de Veciñal do Xogos Tradicionais de Muimenta - XOTRAMU, programou para o vindeiro sábado 24 de abril a representación da obra de teatro "A gata sobre o tellado de zinc quente", que levará adiante a Asociación Cultural Axóuxere de Teatro de A Coruña.


Persoal da organización prepara as reses para o concurso de Raza Frisona

A Moexmu ultima o concurso de gando con 133 reses xa inscritas

Sociedade 30/03/2010
  Envía a túa opinión

A Moexmu continúa cos seus preparativos da edición número XXVI e da XXIV do seu concurso de gando, no que xa están inscritas 133 reses, 4 de raza rubia galega e 8 para a subasta de gando selecto. Desde a organización da feira de maquinaria agrícola decana da provincia de Lugo infórmase de que o convenio de colaboración entre o concello chairego, a Comisión Organizadora e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), para desenrolar futuras edicións da Moexmu e doutros sectores produtivos da zona asinarase a semana que ven.


David Ansede e Janice López

O Campionato Galego Infantil de Tae Kwondo celebrado en Vilalba deixa seis medallas para a Terra Chá na categoría A

Deportes 29/03/2010
  Envía a túa opinión

Vilalba acolleu, o sábado 27 de marzo, aos mais de 350 deportistas no Campionato Galego Infantil de combate de Tae Kwon Do, no que os representantes chairegos conseguiron un bo resultado, posto que os loitadores do Moo Duk Kwan, Janice López e David Ansede acadaron un ouro e unha prata respectivamente.


Imaxe do último pleno celebrado o venres

O pleno de Vilalba aproba un orzamento similar ao do 2009, no que se reduce o gasto de persoal e de inversión

Sociedade 29/03/2010
  Envía a túa opinión

Vilalba contará cun orzamento similar ao do ano pasado, despois de que no serán do pasado venres o pleno do Concello aprobase, gracias aos votos do grupo de maioritario, o PPdeG, os 10.437.000 euros deste ano, que suporán un descenso duns 1.500 euros con respecto ao presuposto do 2009. Os outros grupos presentes na Casa Consistorial vilalbesa non apoiaron a medida, aínda que tan só o BNG votou en contra, mentres que o PSdeG-PSOE abstívose. A mantemento do gasto social e as reducións en inversións e persoal foron as partidas mais destacables.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros