Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

“Cos pés na terra (e só cos pés)”

“Cos pés na terra (e só cos pés)”, o espectáculo de danza de D2, chega ao Auditorio de Ourense

Cultura 26/05/2009
  Envía a túa opinión

Un espectáculo de danza que nace para investigar a linguaxe, outra maneira de facer. Ese é o obxectivo co que naceu D2. Non pórlle límites á creación. Así o demostran co espectáculo Cos pés na terra (e só cos pés) que este xoves, 28 de maio, ás oito e media da tarde, se presenta no Auditorio de Ourense. Esta peza está dirixida por Manu Lago e interpretada por Teresa de la Hera e Fran Riveiro. Participa no proxecto Ángel Comesaña con música orixinal. A versión infantil do espectáculo estreouse o 4 de abril na Sala The Star en Carral – A Coruña e proximamente presentarase a peza de videodanza que pechará o proxecto.

 

 

 

 

 

 


Cartel do ciclo de conferencias sobre deseño

“O deseñador na empresa de moda” inaugura un ciclo de conferencias en Fecilidad Duce

Sociedade 20/05/2009
  Envía a túa opinión

O Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño Felicidad Duce de Allariz organiza para os vindeiros días un ciclo de conferencias dirixidas á area de Deseño. Comeza este ciclo, mañá día 21 de maio á s18:00h, coa conferencia “O deseñador na empresa de moda” impartida por Mercedes Huerta, responsable de Selección & Formación do Grupo Caramelo. Continúa o 28 de maio, ás 18:00h coa participación de Salva Zentolo e Pablo Zentolo, responsables das marcas Rei Zentolo, Yo bordo e Shirt Gigolo que falarán sobre a “Creación dunha marca”.

 


Portada de “Menudas historias de la historia”

A escritora Nieves Concostrina presenta en Ourense “Menudas historias de la historia”

Cultura 20/05/2009
  Envía a túa opinión

A librería ourensá La Región acolle ás seis da tarde de mañá xoves a sinatura de exemplares de Menudas historias de la historia, obra de Nieves Concostrina que vén de publicar La Esfera de los Libros. Un texto que nos traslada con moito humor a unha viaxe por algún dos feitos máis curiosos da nosa historia. Ás oito e cuarto da tarde presentará o libro no Centro Caixanova.


Cartaz das Xornadas Formativas do CEA

O Rexo organiza actividades relacionadas co cambio climático e a construción sostible

Sociedade 19/05/2009
  Envía a túa opinión

O Centro de Educación Ambiental O Rexo de Allariz organizou para esta semana un foro de sostibilidade que acolle varias actividades como a exposición “Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”. Poderá ser visitada en horario de 11:00 a 14:00h e pola tarde de 17:00 a 21:00h. O xoves 21 de maio ás 20:00h proxectarase o documental Manual de uso para unha nave espacial. Ao remate da proxección Ana Belén Alba, traballadora da Axencia de Enerxía de Vigo (FAIMEVI) comezará unha charla – coloquio na que poderán participar todos os asistentes. Continuando coa actividade medioambiental a Fundación Ramón González Ferreiro en colaboración co Concello de Allariz e La Caixa organiza no C.E.A O Rexo as I Xornadas Formativas do CEA “Construción Sustentable” durante este venres e sábado.

 


Río Arnoia ao seu paso por Allariz

O Festival de Xardíns de Allariz atópase na súa última fase de construción

Institucional 18/05/2009
  Envía a túa opinión

A brigada municipal atópase na última fase de construción do Festival de Xardíns. Os operarios atópanse realizando labores de cantería, o que permitirá, segundo o rexedor Francisco García, “pór en valor máis de 20.000 metros nas marxes do río Arnoia”. O alcalde de Allariz tamén afirmou que estes traballos permitirán elaborar certames anuais de paisaxismo e xardinería.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros