Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Segundo o sindicato o tratamento das enquisas poderían incumprir os dereitos lingüísticos do alumnado

A CIG-Ensino denuncia o envío de material escolar só en castelán

Sociedade 14/02/2011
  Envía a túa opinión

A CIG-Ensino denuncia que a Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra enviou ao colexio de Randufe en Tui material só en castelán para a nova aula de infantil. O Xefe Territorial xustificou o envío do material -unha ducia de libros e varios xogos para adquisición da lectoescritura- botando man dos resultados da enquisa realizada aos pais e nais sobre a lingua materna dos nenos e das nenas.


Unha dieta saudable con pratos tradicionais de Galicia

Sociedade 08/02/2011
  Envía a túa opinión

A cociña tradicional galega e as novas tecnoloxías unen as súas forzas no portal Dieta Atlántica. Trátase dunha web, creada polo Grupo Cuevas, na que traballaron durante dous anos investigadores da Universidade de Vigo. A ferramenta permítenos configurar menús cos típicos pratos galegos, pero apostando polo equilibro nutricional e o coidado da saúde.


Casa do Concello de Vilagarcía (Fotografía: Loreto López Baltar)

Tres falecidos nun accidente de tráfico en Vilagarcía

Sociedade 08/02/2011
  Envía a túa opinión

Tres persoas faleceron e unha muller resultou ferida no choque entre un turismo e un todo terreo na estrada que une Vilaxoán e o Hospital do Salnés, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), segundo informan fontes do servizo de Emerxencias. Ás 10.53 horas, un particular alertaba dunha colisión entre dous vehículos, un BMW e un todo terreo, no punto quilométrico 7 da estrada VG-4.3. A mesma persoa sinalaba que había varias persoas atrapadas no interior dos coches.


As fillas da Conexa farán escachar de risa ao público

Os hits discotequeiros das Cantareiras de Ardebullo

Sociedade 07/02/2011
  Envía a túa opinión

Nucha e Mucha están a piques de revolucionar Ponte Caldelas. As fillas da Conexa deixarán por un día a súa querida aldea de Ardebullo para montar unha boa foliada na localidade pontevedresa. E por se iso xa fose pouca aventura, ademais é que as Cantareiras de Ardebullo van actuar nada máis e nada menos que nunha discoteca! Será na discoteca Élite, un local situado no mesmo centro de Ponte Caldelas, o vindeiro sábado 12 de febreiro a partir das 23:00.


Tres falecidos en accidentes de tráfico nas Neves e en Tomiño

Sociedade 06/02/2011
  Envía a túa opinión

Dúas persoas faleceron esta madrugada tras ser atropeladas no municipio das Neves (Pontevedra), segundo informou a Garda Civil de Tráfico. Os falecidos son M.C.G., un home de 80 anos e unha muller que aínda non está identificada, segundo apuntan as mesmas fontes. O suceso ocorreu sobre as 4,55 horas de hoxe no quilómetro 0,7 da estrada EP-4202 no lugar de Louros, nas Neves. O condutor do vehículo que atropelou a estas persoas, E.R.E de 20 anos, resultou ferido leve e foi trasladado ao hospital Meixoeiro de Vigo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros