Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 15 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte saca da depresión a Terra de Soneira

Cultura 03/10/2010
  Envía a túa opinión

A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, este é o título dunha nova publicación que vén de editar Xerais e que vai máis aló dunha simple guía turística. Un auténtico manual sobre os moi diversos aspectos que caracterizan Camariñas, Vimianzo e Zas, os municipios que integran a comarca. Coordinados por Xosé María Lema Suárez, tamén autor da obra, Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira, Xosé María Rei Lema e Marta Rei Lema, todos eles integrantes do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, deron forma a unha obra que comeza cunha xustificación da personalidade específica da Terra de Soneira, demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai 1.100 anos. Lema Suárez asegurou en Radiofusión que este libro demostra que “a zona ten riquezas suficientes para saír da depresión na que está sumida”.


Andrea Maceiras na biblioteca do IES de Cambre

Andrea Maceiras gaña o premio Meiga Moira 2010 de literatura infantil e xuvenil

Sociedade 02/10/2010
  Envía a túa opinión

Unha excelente historia cunha trepidante mestura de trama amorosa e aventura no ámbito do fantástico e na que consegue crear un clima convincente entre as dúas realidades en que habitan os seus protagonistas. Definiu así o xurado a novela Violeta tamurana, de Andrea Maceiras, gañadora da cuarta edición do Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil, convocado por Baía Edicións.


A estación de autobuses da Coruña presentaba esta imaxe pola mañá

O 80% dos traballadores secundaron a folga en Galicia, segundo os sindicatos

Sociedade 29/09/2010
  Envía a túa opinión

“A folga é un éxito. O Goberno debe rectificar”. Esta é a conclusión común das centrais sindicais ante o seguimento do paro xeral convocado para este 29 de setembro contra a reforma laboral do executivo central. Desde a CIG aseguran que practicamente o 100% dos polígonos industriais das principais cidades galegas permaneceron sen actividade. Por exemplo, en Vigo, Citroën tivo que parar a liña de produción ao non contar con suficientes traballadores, mentres que en Zara-Loxística, no polígono de Sabón, na Coruña, non entrou ninguén a traballar. Destacan tamén que os servizos de limpeza viaria, os portos, as lonxas ou os estaleiros mantivéronse inactivos nesta xornada.


Un dos stands do Daisy Market 2010

O fashion collage de Daisy Market

Sociedade 26/09/2010
  Envía a túa opinión

Unha técnica xaponesa de envolver agasallos e as diferentes maneiras de expresión a través do collage centrarán 2 dos talleres que esta tarde botarán o feche ao Daisy Market 2010. Ao longo de 3 dias, máis de 80 marcas e deseñadores europeos participaron no showroom urbano no recinto feiral da Coruña. Unha posta en escea futurista e ambientada na lúa acolleu aos novos creadores.


Stop Accidentes anima aos empresarios de hostalaría nocturna a que axuden a financiar o Noitebús

Sociedade 25/09/2010
  Envía a túa opinión

“O Noitebús salva vidas”. A vicepresidenta de Stop Accidentes, Jeanne Picard, expresa de xeito claro o seu principal argumento contra o anuncio da Xunta de Galicia de que vai suprimir este servizo de transporte nocturno. Porén, a Picard parécenlle esperanzadoras as últimas palabras ao respecto de Alberto Núñez Feijóo, nas que matizou que as liñas seguirán operativas se se sosteñen con financiamento privado. “É necesaria e implicación de todos”, defendeu a vicepresidenta de Stop Accidentes, ao tempo que sinalou ao primeiro colectivo que podería sumarse a esta causa: “Os empresarios de hostalaría nocturna deberían involucrase neste tema”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros