Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Ecos do Sur entregou material informativo para atender aos estranxeiros

Ordes preocúpase pola atención sanitaria dos inmigrantes

Institucional 28/05/2009
  Envía a túa opinión

A ONG Ecos do Sur e o Concello de Ordes realizaron o acto oficial de entrega do material informativo necesario para a atención médica da poboación inmigrante residente no municipio. Ademais, todo está listo xa para acoller a III Gala do Deporte da Mancomunidade, tal e como contan dende a Radio Municipal.


As instalacións ocuparán máis de 1.000 metros cadrados

As obras do cuartel da Benemérita de Ordes principiarán en 2010

Institucional 27/05/2009
  Envía a túa opinión

O Pleno municipal do Concello de Ordes acordou a cesión de máis de 1.000 metros cadrados no barrio do Paraíso para a construción do futuro cuartel e instalacións da Garda Civil. Os traballos principiarán a inicios do vindeiro ano 2010 tal e como conta a crónica falada adxunta da Radio Municipal.


O intelectual Ramón Piñeiro é o protagonista deste 17 de maio

Radio Ordes retransmitirá a gala do II Certame de Poesía das Letras Galegas

Cultura 14/05/2009
  Envía a túa opinión

Ramón Piñeiro, egrexio galeguista homenaxeado o domingo co gallo do Día das Letras Galegas, terá tamén un recoñecemento este venres na gala de entrega dos premios do II Certame de Poesía convocado polo Concello que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura, con retransmisión de Radio Ordes, que adianta o contido do evento na crónica falada adxunta. 


O Concello reclamará a Audasa melloras nos accesos dende a AP9

Apoio unánime en Ordes ás demandas dos gandeiros

Institucional 14/05/2009
  Envía a túa opinión

O Pleno Extraordinario do Concello de Ordes aprobou unanimemente a moción que ofrece o apoio ás asociacións agrarias nas súas campañas a prol da defensa do sector lácteo. Asemade, acordouse reclamarlle a Audasa colaboración para mellorar os accesos dende a AP-9 ata a vila para evitar colapsos en caso de eventos multitudinarios, como a II Gala do Cancro celebrada a semana anterior. Dos resultados da sesión plenaria, danos conta a emisora municipal na crónica adxunta.


O Concello debaterá unha moción de apoio aos produtores lácteos

Pleno extraordinario a prol da industria láctea

Institucional 12/05/2009
  Envía a túa opinión

A corporación municipal tentará sacar adiante unha moción en defensa do sector lácteo galego. Asemade abordarase a cesión gratuita dos terreos para a próxima construción do cuartel da Garda Civil na zona do Paraíso. Son algúns dos puntos da orde do día, que se debulla na crónica achegada por Radio Ordes.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros