O Concello de Vilalba, gracias á colaboración do Azkar Lugo, facilitará a todos os alumnos dos colexios da vila a presenciar o partido de liga que se xogará o próximo sábado 10 de Abril entre o Azkar Lugo e o MRA Navarra ás 16:45 horas, no Palacio Municipal de Deportes de Lugo.
A Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados aprobou o mércores por unanimidade unha iniciativa promovida polo BNG pola que se lle demanda ao Ministerio de Fomento que mellore, con carácter de urxencia, a estrada N-640 ao seu paso pola provincia de Lugo. A proposta nacionalista incluía unha demanda para o departamento dirixido por José Blanco da realización de “realizar os estudos pertinentes de reforma do trazado en Couto de A, Castro de Rei, e de construción de carrís para vehículos lentos en distintos puntos da vía”.
A XXVI Edición da Mostra Exposición Muimenta (MOEXMU) contará coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, que inaugurará, o venres 9 de abril, os preto de 25.500 metros cadrados de Mostra, que serán ocupados na súa totalidade polos expositores que xa pecharon a súa participación. Durante toda a fin de semana haberá tempo para dilucidar a XXIV edición do Concurso de Gando Frisón. O orzamento total é de 87.500 euros, dos que 62.500 € son para o concurso de gando.
O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, comprobou o resultado de parte dos seis proxectos realizados co Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) en Guitiriz e anunciou unha inversión de 638.500 € para o 2010 e que xerará 32 postos de traballo no municipio chairego. O representante do Executivo acudiu á vila luguesa acompañado polo subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, e foi recibido pola alcaldesa, Regina Polín.
Empresas especializadas en seguros agrarios, produtores e representantes da administración central participan na Xornada sobre Seguros Agrarios. Desenvolveráse en Vilalba (Lugo) coa organización do Sindicato Labrego Galego.