O deputado socialista Francisco Cerviño interviu hoxe na Comisión 4ª do Palamento para reclamar que o Parlamento de Galicia apoie a declaración do Concello de Cambados de 2011 como Ano Asorey, e instou ao Goberno galego, á Consellería de Cultura, a apoiar economicamente a celebración do Ano Asorey polo Concello de Cambados. A iniciativa, que foi transaccionada, foi aprobada por unanimidade.
"En defensa das pensións e do emprego". Rezaba así a pancarta de cabeza das manifestacións que este mediodia percorreron as rúas céntricas de todas as cidades galegas. Milleiros de galegos e galegas secundaron a convocatoria da Confederación Intersindical Galega nunha xornada de folga xeral que se deixou notar no transporte público, na industria e na administración.
As primeiras horas da folga xeral convocada pola CIG para este xoves 27 de xaneiro están marchando co seguimento previsto pola central sindical, que ten centrado a súa acción naquelas empresas e actividades onde ten unha maior presenza e pode conseguir un maior seguimento do paro. En Vigo xa dende as primeiras horas da folga se rexistrou moi pouca actividade nos polígonos industriais e un tráfico reducido nas principais vías da cidade.
A Policía continúa a procura dunha muller, polo secuestro do seu fillo, un bebé de apenas ano e medio de idade, que se atopaba ingresado dun centro de Aldeas Infantís na localidade pontevedresa de Redondela. A muller, natural de Sevilla, é nai de dous fillos que se atopan ingresados en centros de acollida. Retiróuselle a custodia á súa proxenitora por presentar problemas coa Xustiza e antecedentes de toxicoloxía.
Autor de A gaita gallega, Xoán Manuel Pintos foi o gran precursor do Rexurdimento das nosas letras. O seu libro, publicado en 1853, considérase o primeiro da literatura galega contemporánea. Desde o Concello de Pontevedra, cidade da que o escritor era natural, entenden que ese papel pioneiro merece recoñecemento, máis cando neste 2011 se celebra o bicentenario do seu nacemento. O primeiro acto do Ano Pintos terá lugar mañá sábado, coa celebración da sesión plenaria da Real Academia na Cidade do Lérez.