Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

A goleta de Juan Tamariz

A Coruña vive a súa semana máis máxica

Sociedade 22/09/2010
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

Maxia nas rúas, nos hospitais, nas bibliotecas, nos colexios… o ilusionismo e o mundo da maxia inundan todos os espazos da Coruña coa celebración do XXX Congreso Máxico Nacional que se celebra esta semana na cidade herculina. Mentras que nas pasadas edicións se desenvolvían os sábados e os domingos (Os Sábados e Domingos Máxicos), este ano concentraron o programa nunha semana ao coincidir coa celebración do congreso. 200 interaccións, para todo tipo de público, espalladas por todos os puntos da urbe deixarán pegada nunha cidade “máxica”.


As tendas de Inditex en Asia gañan peso no conxunto do grupo

As 4870 tendas de Zara seguen a dar beneficios

Sociedade 22/09/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O grupo téxtil Inditex gañou 628 millóns de euros do 1 de febreiro ao 31 de xullo de 2010, o 68% máis que no mesmo período do ano anterior, informou hoxe a empresa á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). As vendas no primeiro semestre fiscal de 2010 ascenderon a 5.525 millóns de euros, o 14% máis ás de igual período de 2009, o que reflicte a estratexia de crecemento do grupo. Neste mes de setembro iniciaron as vendas "online" en seis paises europeos.


Manuel Lugrís Freire

O discurso de Lugrís Freire en Betanzos

Cultura 19/09/2010
  Envía a túa opinión

O xurista Manuel Lugrís Freire pronunciou o 6 de outubro de 1907 en Betanzos o primeiro mitin político do que se ten constancia que se pronunciara integramente en lingua galega. Lugrís chamou á solidaridade e a unión de agricultores e gandeiros para lograr o progreso. "Unha vara sola é fácil de romper, pero todas xuntas non hai quen as dobre" afirmou o avogado coruñés. De seguido reproducimos o texto íntegro do mitin.


A Coruña escoita, antes que ningunha outra cidade en España, a voz en solitario da soprano Daniela Dessì

Sociedade 18/09/2010
  Envía a túa opinión

A Coruña acolle esta noite o primeiro concerto en solitario en España da soprano Daniela Dessì. Considerada unha das máis importantes intérpretes do repertorio italiano, a diva interpretará arias de varias óperas, acompañada pola Oviedo Filarmonía, baixo a batuta de Friedrich Haider. A cita, que se celebrará a partir das oito e media no Teatro Colón, enmárcase no ciclo Grandes Voces do programa Xacobeo Classics.


Un home mata á muller en Ponteceso

Sociedade 15/09/2010
  Envía a túa opinión

Un home matou, supostamente, a marteladas á súa parella na localidade de Ponteceso, segundo confirmaron fontes da Garda Civil do municipio, que informaron de que o caso está a ser investigado. O alcalde, José Luís Fondo Aguiar, explicou que a muller tiña 34 anos e él, que xa foi detido, 54.  O rexedor indicou que a parella ten dous fillos en común, un de 11 anos --que ten unha discapacidade-- e outro de cinco e que, de feito, as alarmas saltaron cando ninguén foi a recoller ao máis pequeno ao colexio e a coidadora deu o aviso. O corpo sen vida da muller, natural de Toro (Zamora), foi atopado no piso que compartía co home.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros