O musico fenés, Roger de Flor, trunfa entre o público infantil e xuvenil no Cantalíngua, dentro dunha nova campaña de promoción do galego no ensino, o Correlíngua. O videoclip gravado con ese motivo, veráse hoxe no Xabarín Club, na 2 da TVG ás 5 da tarde. Por certo que o programa da galega cumple 18 anos, a sua maioría de idade.
Vinteún concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal, aprobarán de xeito simultáneo unha declaración institucional conxunta, en defensa do sector naval da ría de Ferrol. Os plenos municipais celebraranse o xoves 26 de abril ás 18.00 horas.
A campaña solidaria “Un dulce para Paula” chega agora a Fene- A Coruña. Aproveitando o encontro de Palilleiras e a Feira do comercio fenés na fín de semana do 28 e 29 de abril, os visitantes terán a oportunidade de colaborar para que Paula, a nena que naceu sen o oso sacro, poida ser operada en Alemaña. A operación custa 265.000€ que se están a recadar por toda Galiza.
Comezou en Fene o curso-obradoiro “Ben Estar Coidando” , curso destinado ás Persoas Coidadoras de Persoas Dependentes, cuxo obxectivo é o de fortalecer emocional, psicolóxica e físicamente ás persoas coidadoras de persoas dependentes no termo municipal así como crear un espazo de intercambio, de autoaxuda e de respiro para este colectivo.
“Para evitar que Marraxón se calcine, desbroce popular” É a chamada que fai a Comunidade de montes de Marraxón para este sabado 21 de abril. A asociación de montes en man común do monte fenés convoca a todolos cidadáns a acudir con fouciños, tractores, desbrozadoras e calquera utensilio que sirva para limpar o monte diante da ameaza que supoñen os incendios como o ocurrido nas Fragas do Eume recentemente.