Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Elvira Cienfuegos na Praza do Toural

O BNG convoca a movilización pola Soberanía

Sociedade 10/09/2013
  Envía a túa opinión

 O BNG de Santiago organizou na praza do Toural un reparto do material informativo “Por unha Patria Soberana” para convocar a manifestación prevista para o domingo 15 de setembro que sae ás 12:00 da alameda compostelá e remata na praza da Quintana. Despois haberá un xantar e unha festa "para rematar o día con azos anovados para este curso político", explicou a concelleira Elvira Cienfuegos.


Lidia Gómez

Lidia Gómez gaña o Premio Biblos de novela

Sociedade 20/07/2013
  Envía a túa opinión

Lidia Gómez Martínez, nacida en Ordes e que se presentou ao concurso con 19 anos, é a gañadora da novena edición do Premio Biblos-Casa Grande do Bachao, fallado na tradicional cea literaria que no serán do 19 de xullo reuniu a máis dun cento de personalidades da cultura galega. O premio para menores de 25 anos chega neste 2013 á súa novena edición.


Programa da III Festa da República Galega

Mero Iglesias: “A bandeira republicana galega que todos temos levámola dentro e amósase na fala e no que dis e sentes”

Sociedade 28/06/2013
  Envía a túa opinión

Un pano branco. Nel a serea que porta un escudo cunha fouciña e unha estrela vermella, a mesma que debuxou Castelao co lema “Denantes mortos que escravos”. A figura rodeada por un círculo azul “como se fora un torque de ouro, coa significación do fogar galego máis redondo que cadrado, máis celta que romano”. Eses elementos conforman a proposta de bandeira republicana galega que esmiuzou en Radiofusión Mero Iglesias. “É un símbolo que nos acolle a uns cantos”, explica, e que evita tamén confusións. Como cando Mini e Mero actuaron baixo a bandeira tricolor da II República e unha fotografía tomada dende abaixo facía ver que estaban “cantando diante da bandeira española porque non se vía a faixa de abaixo”. Mais o músico precisa, perante a presentación da bandeira na III Festa da República Galega que se celebra o sábado en Ordes, que “o verdadeiramente simbólico, a bandeira que todos temos levámola dentro e amósase na fala, na posición social, no que dis e sentes”.


Mobilización dos afectados

Preferentes: Non ao peche da arbitraxe

Sociedade 13/06/2013
  Envía a túa opinión

A Plataforma de Afectados por Preferentes de Compostela CONCENTRARASE hoxe, ás 11,30h, diante das dependencias do Instituto Galego de Consumo en Santiago para demandar que non se peche o proceso de arbitraxe. Con esta nova mobilización, a Plataforma de afectados pola estafa masiva INSTARÁ ao Instituto Galego de Consumo, organismo dependente da Consellería de Comercio e Industria da Xunta de Galicia, a que se dirixa ao F.R.O.B. e a Novagalica Banco para esixirlles que non poñan fin ao proceso de arbitraxe ata que o 100% dos aforradores afectados pola estafa masiva recuperen a totalidade dos seus aforros mediante este procedemento extraxudicial.


O entroido ordense comeza o día 11de febreiro

Ordes prepárase para vestir a máscara

Sociedade 16/01/2013
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ven de facer público o seu programa de actividades de cara á celebración da festividade do Entroido. Nesta ocasión a primeira das citas terá lugar o martes 11 de febreiro, data especialmente pensada para os nenos e nenas. A Tarde de entroidada dará comenzo a partir das 16.30 horas na Alameda, espazo onde se levarán a cabo obradoiros de maquillaxe, chapas, globoflexia e máscaras. Ata as 19.30 celebrarase unha gran festa con animación de rúa, xogos colectivos e moitas máis sorpresas. No caso de que chova a organización ten previsto trasladar todas estas actividades ao pavillón Campomaior.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros