Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Borja Prado, presidente de Endesa

Endesa reparte hoxe o maior dividendo da historia a costa dun endebedamento millonario

Sociedade 29/10/2014
  Envía a túa opinión

A actualidade destes tempos de crise permite contrastes autenticamente grotescos. Se onte Cáritas alertaba de que en España tan só unha de cada tres persoas vive hogano con todas as necesidades cubertas, sen privacións, nese mesmo Estado hoxe vaise producir o maior reparto de dividendos empresariais na súa historia. Endesa, a que foi empresa enerxética baixo control público do Goberno, privatizada durante a Administración Aznar en 1998, reparte entre os seus investidores máis de 14.600 millóns de euros. Pero este reparto supón algo máis. En realidade, estaríase a cometer un disimulado espolio, denuncia o economista Manuel Lago, que cualifica a operación de "atraco perfecto", xa que conta coa colaboración necesaria da "policía", neste caso os poderes políticos españois que permiten o baleirado de activos de Endesa para entregarllos á súa actual propietaria, a italiana Enel, posuidora do 92% dos títulos da eléctrica española. E si, Enel é unha empresa pública do país transalpino.


Cartaz desta edición

Monfero acolle o Grelo Folc

Sociedade 16/10/2014
  Envía a túa opinión

Os muros do mosteiro de Monfero volverán vibrar un ano máis co Grelo Folc, o festival promovido pola asociación Ou Abordelo que se celebrará este sábado 18 de outubro. Con entrada libre e carpa para retar á choiva, desde as 22:00 horas subirán ao escenario Eudemónicas, Ataque Escampe, A Requinta da Laxeira e Trapallada, un cóctel explosivo con dose de música folk, indie e punk, con selo galego.


Fotografía: Europa Press

En Galicia, a xubilación págase menos

Sociedade 26/08/2014
  Envía a túa opinión

A pensión media por xubilación en Galicia situase nos 830,41 euros, mentres que no conxunto do Estado alcanza os 1001,93 euros. Na nosa comunidade case setecentas cincuenta mil persoas viven dunha pensión, incluindo xubilación, incapacidade, viuvez e orfandade.


A obra de Ksado está no Centro Galego da Fotografía en Vigo

Aberto o Luís Ksado de fotografía

Cultura 28/07/2014
  Envía a túa opinión

A Deputación de A Coruña abre unha nova edición do Premio de creación fotográfica Luís Ksado. Os interesados en participar na XI edición do premio de creación fotográfica Luís Ksado aínda poden facelo presentando os seus traballos antes do 29 de agosto na Deputación da Coruña.


As funcionarias tomando posesión

De pazo dunha marquesa a casa do pobo

Sociedade 25/06/2014
 58 comentario/s - Envía a túa opinión

Moitas persoas visitan estes días o Pazo da Marquesa de San Sadurniño que ven de converterse en concello, de aí a satisfacción do alcalde, Secundino García, quen afirma que "de pazo da marquesa pasou a ser a casa do pobo. Despois do proxecto de restauración, que ven de moi atrás, as dependencias do pazo modernizáronse para adaptarse aos tempos e ao novo cometido do inmoble. Os funcionarios e os veciños son os beneficiarios das novas instalacións.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros