Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Retrato do autor en Bos Aires

A modernidade de Blanco Amor tamén asomaba a través do obxectivo

Cultura 23/01/2015
  Envía a túa opinión

Retratou o mundo coas súas verbas, pero tamén con imaxes. Recoñecido escritor e xornalista, Eduardo Blanco Amor foi tamén o autor de milleiros de fotografías, que pese a “estar un tanto esquecidas e ser consideradas como unha produción menor”, ían máis aló do atribuíble a un fotógrafo afeccionado para reflectir “coas ferramentas plásticas da imaxe, o que a palabra de Blanco Amor xa tiña explicitado”. Así o destaca o investigador Álex Mene na súa tese de doutoramento en Belas Artes, na que trata de achegarse “a esa terra de ningures que é a fronteira entre a imaxe e a palabra”, tomando como base a obra gráfica dun escritor que, ao igual que a literatura, empregou a fotografía “para interrogarse a si mesmo, para construír a súa identidade”, un proceso que deu como resultado unha longa serie de imaxes que permiten “constatar a modernidade do autor”.


O secuestro do Santa María, o comezo do fin da dictadura en Portugal

Sociedade 02/11/2014
  Envía a túa opinión

Natural da Pobra do Caramiñal, José Fernández Vázquez, coñecido como o comandante Soutomaior, organizou a resistencia antifanquista no Barbanza e, tras décadas de exilio, loitou coas guerrillas de Venezuela, China, Vietnam ou Laos; un currículo que fai que algúns o denominen como o “Ché Guevara galego”. Porén, na súa traxectoria revolucionaria un feito destaca por riba de todos os demais: foi un dos líderes do secuestro do barco Santa María.


Celébrase o 250 cabodano do ensaísta

B.J. Feijoo e a identidade galega no século dezanove

Cultura 13/10/2014
  Envía a túa opinión

Benito Jerónimo Feijoo foi un referente dentro da recuperación da identidade galega do século XIX e queremos destacar aspectos do seu pensamento que aínda teñen vixencia”. Francisco Díaz-Fierros sintetiza así a esencia do seminario B.J. Feijoo. Renovador do Pensamento da Ilustración que o Consello da Cultura Galega desenvolveu no Liceo de Ourense e que coincide co 250 aniversario do seu pasamento. A influencia e a relevancia da figura e a obra de B. J. Feijoo na ilustración están moi estudadas. Non o foi tanto o seu papel dentro da recuperación da identidade galega do século XIX. Para iso, o seminario, coordinado por Francisco Díaz-Fierros, destinou tres relatorios, que afondaron na figura do pensador na cultura galega. 


Henrique Sanfiz, Iolanda Díaz e Francisco Jorquera no Rexistro do Parlamento

Medios en galego presentan no Parlamento a Lei da Transparencia

Sociedade 24/09/2014
  Envía a túa opinión

 A Asociación de Medios en Galego presentou esta tarde no Rexistro do Parlamento Galego a súa proposta de Lei de Publicidade Institucional, que denominaron como "lei da transparencia". Fixoo a través dos grupos parlamentares de AGE e do BNG. Tanto Iolanda Díaz como Francisco Jorquera emprazaron a Alberto Núñez Feijoo a cumprir as súas promesas e "ter aprobado esta lei antes de rematar o ano".


Simbolo do nacionalismo.

BNG, Anova e Esquerda Unida únense contra a reforma electoral do PP

Sociedade 12/09/2014
  Envía a túa opinión

A reunión aberta convocada polo BNG contra a reforma electoral “antidemocrática” que promove o PP conclúe cunha primeira toma de contacto e coa vontade expresa das organizacións participantes, -BNG, Anova, EU, CIG e FRUGA-, de traballar para lograr unha fronte común que plante cara ás pretensións do partido de goberno e de iniciar unha campaña explicativa á sociedade dada gravidade do que se consideran “un atentado institucional contra a democracia”. Un novo encontro aberto convocouse o 17 de outubro para sumar apoios, pór en marcha unha campaña explicativa á cidadanía e sen descartar mobilizacións.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros