Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Cartel do primeiro showcooking en Vigo

Pepe Solla apréndenos a cociñar coa hixiene como ingrediente básico

Sociedade 11/03/2016
  Envía a túa opinión

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o chef Pepe Solla realizarán esta tarde o primeiro showcooking científico COCIÑAconCIENCIA, que fusiona ciencia e cociña para concienciar aos cidadáns dos riscos habituais que afectan á seguridade alimentaria e dar a coñecer prácticas seguras no ámbito doméstico. O proxecto está liderado polo grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do IIM, co apoio da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia e o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competitividade. Colaboran, ademais, Concello de Vigo, Afundación e GADIS.


Museo do Mar de Galicia en Vigo

Os tesouros de Rande, naufraxios e arqueoloxía submarina

Sociedade 06/03/2016
  Envía a túa opinión

A pescuda dos tesouros de Rande, o cargamento da frota afundida no interior da ría de Vigo en 1702 é unha das cuestións abordadas na documentada exposición sobre arqueoloxia submarina que amosa na cidade olívica o Museo do Mar de Galicia. Tamén se poden contemplar as espadas da Idade do Bronce do río Ulla e o enxoval atopado no castro que se ubicaba na mesma localización do museo.




Fotograma da película de 1916

Pontevedra celebra o centenario de Miss Ledya

Sociedade 04/03/2016
  Envía a túa opinión

Pontevedra conmemora hoxe o centenario da película ‘Miss Ledya’, a obra realizada polo pioneiro vigués José Gil sobre un argumento de Rafael López de Haro, estreada en 1916 e considerada a primeira ficción do cinema galego. A película está protagonizada por Fefa Ximénez de Sandoval e entre os 16 actores e actrices principais do elenco figura Alfonso R. Castelao, quen encarnou o pastor protestante que na secuencia final porta unha arma para deter o anarquista Ruskin. Outros nomes que participaron na interpretación foron Fausto Otero, Mariña Fonseca, Clara Sobrino, Víctor Mercadillo, Isidoro Millán ou Blanco Porto. Cunha duración de apenas 20 minutos, filmada en branco e negro con puntuais virados, máis alá do seu valor cinematográfico, a obra destaca por ser o testemuño da temperá dinámica creativa que sobre a sétima arte existía en Galicia.


Pleno do Concello de Pontevedra

Pontevedra declara persoa non grata a Mariano Rajoy por prorrogar a celulosa

Sociedade 22/02/2016
  Envía a túa opinión

O pleno do Concello de Pontevedra aprobou hoxe a declaración do presidente do goberno en función Mariano Rajoy como “persoa non grata” por ter prorrogado a autorización á celulosa para ocupar parte da ría pontevedresa nos vindeiros sesenta anos. Segundo o alcalde Miguel Fernández Lores (BNG) un cargo en función non ten competencias nen autoridade para adoptar unha decisión de tanta gravidade. Para Lores, a ría recuperada e o sector turístico darían moitos máis empregos que os que xenera a celulosa.


Dolores Redondo

Dolores Redondo, voz de referencia na novela negra

Sociedade 10/02/2016
  Envía a túa opinión

Traducida a vintenove idiomas e con máis de catrocentos mil exemplares vendidos. Eses son os números da triloxia do Baztan, de Dolores Redondo, neta de galegos que se adentra na novela negra enlazando coa paisaxe, as tradicións e as crenzas milenarias de Navarra. “Ofrenda á tormenta” é a terceira entrega dun camiño que se iniciou con “O gardian invisible” e “Legado nos osos”, libros publicados de xeito simultáneo en castelán, catalán, euskera e galego.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros