Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Negreira

Información da emisora Novas da emisora

Santiago Villanueva no acto desta mañá

Galicia é un lugar seguro

Sociedade 04/02/2015
  Envía a túa opinión

Galicia é unha Comunidade segura, manténdose como a cuarta con menor taxa de criminalidade de España.
Asegurouno esta mañá o delegado de Goberno en Galicia na presentación do Balance de Criminalidade que comprende o global de delitos e faltas coñecidos en 2014. Os delitos e  faltas descenderon nas catro provincias galegas o pasado ano, no que a comunidade rexistrou unha taxa de criminalidade de 28,5, situándose 16,3 puntos por baixo da media estatal. Case todas as tipoloxías penais experimentaron un descenso o pasado ano con respecto a 2013, destacando a baixada do -8,3% en delincuencia violenta, do -9,6 en roubos con forza, do -5,4 no caso de roubos en domicilios e do -16,3% en roubos con violencia ou intimidación. A porcentaxe de delitos esclarecidos aumentou do 52,5 ao 53,2.


Manuel Fernández Castiñeiras declarando no xuizo

Castiñeiras: “Nunca vín o Códice Calixtino”

Sociedade 20/01/2015
  Envía a túa opinión

“Sentinme maltratado polo xuiz” afirma o presunto ladrón do Códice Calixtino Manuel Fernández Castiñeiras. O electricista manifestou que os pagos recibidos na Catedral eran sempre en man.


O letreiro da discordia

Puente Pedriña

Sociedade 12/01/2015
  Envía a túa opinión

O BNG esixe a substitución do letreiro coa toponimia deturpada no antigo curtidoiro da Pontepedriña. A recente restauración da placa identificadora do lugar, que inclúe o selo do Consorcio, incumpre a legalidade nesta materia. O Bloque Nacionalista Galego rexistrou unha iniciativa para substituír o letreiro do antigo curtidoiro de Pontepedriña.


Enrique Líster falando para a radio

Sin miedo va y sin miedo viene

Sociedade 24/12/2014
  Envía a túa opinión

A rúa irmáns Liste Forján lembra en Teo a memoria dunha familia exemplo da rebeldía diante da inxustiza. O que máis sona logrou foi Enrique, quen chegou de soldado raso a xeneral de 5 exércitos co nome de Enrique Líster. Quien buenos cojones tiene, sin miedo va y sin miedo viene. Ese era o lema dos soldados mandados por Líster, segundo confesou o xeneral nunha entrevista en Radio Fene en 1986.


Alberto Núñez Feijoo este mediodia

A Xunta de Galicia adxudicou un contrato por 11 millóns de euros a Cofely

Sociedade 28/10/2014
  Envía a túa opinión

O Sergas adxudicou un contrato por 11 millóns de euros con Cofely --empresa eixo da suposta trama corrupta que se investiga baixo a denominación de Operación Púnica-- en agosto de 2013, segundo desvelou este martes AGE, que denuncia que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "mira para outro lado".   "A corrupción, por máis que a propaganda de Núñez Feijóo afirme o contrario, é estrutural no Partido Popular", afirmou o deputado de AGE Antón Sánchez, quen advertiu de que a última trama, cuxa "cabeza visible" é o exnúmero dous do PP madrileño, Francisco Granados, ten "ramificacións en Galicia".

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros