Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Faro de Lariño

Luz para o Faro de Lariño

Sociedade 18/09/2014
  Envía a túa opinión

O movemento veciñal en defensa do Faro de Lariño logrou a súa primeira vitoria. Foi durante unha reunión coa directora da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, responsable da xestión do Faro de Punta Insua, á que asistiron Marcos Rama, portavoz de SALVEMOS O FARO e presidente da AAVV Insua de Lariño, xunto co alcalde de Carnota, Ramón Noceda.  A delegación carnotá logrou arrincarlle a Portos o compromiso de que abrirá o entorno do Faro ao público, medida que se fará efectiva na próxima semana mediante un Convenio polo que Concello e veciños colaborarán, ademais, coa conservación e o mantemento deste novo espazo público do que disporá o Concello de Carnota.


Que pasa na costa. Premiados na III Gala do Deporte

O fútbol da costa da morte, de gala

Sociedade 28/06/2014
  Envía a túa opinión

A Gala de fútbol da Costa da Morte elexiu a Doro, do Dumbria como o mellor xogador da comarca, nun evento organizado polo xornal dixital Que Pasa Na Costa. Os compañeiros deste medio de comunicación enviáronnos a crónica que reproducimos de seguido.


Xavier Vence en Radio Fene

A soberanía alimentar, obxectivo estratéxico

Sociedade 17/06/2014
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A soberanía alimentar é un obxectivo estratéxico, segundo o portavoz do BNG Xavier Vence. Un enfoque novo da agricultura debe ir dirixido a aproveitar a diversidade de terras que temos, non só para producir a gran escala, tamén para o cultivo ecolóxico e de proximidade.


O cerco insiste noutro reparto da cota

Sociedade 18/03/2014
  Envía a túa opinión

Galicia co 80% da flota do cerco somentes leva o 20% da cota, afirman as fontes das confrarias, para denunciar o reparto da cota publicado hoxe no BOE, baseado nas capturas históricas.


Corredor da lonxa da Coruña

As lonxas galegas pechadas en solidariedade co cerco

Sociedade 14/03/2014
  Envía a túa opinión

As lonxas galegas non rexistraron esta mañá actividade en apoio das reivindicacións da flota do cerco. Nen no Muro da Coruña, nen no Berbés de Vigo, se descargou hoxe nen peixe nen marisco procedente de ningún tipo de flota. Tanto o arrastre de litoral como os pulpeiros, enmalle e os restantes barcos permaneceron amarrados.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros