Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Martiño Noriega, candidato de Compostela Aberta á alcaldía de Santiago

Martiño Noriega, candidato a alcalde de Santiago de Compostela

Sociedade 11/03/2015
  Envía a túa opinión

O coportavoz de Anova e alcalde de Teo, Martiño Noriega, confirmou a súa participación nas primarias para ser o candidato de Compostela Aberta á alcaldía de Santiago. Militantes destacados do PSdeG PSOE de Santiago de Compostela teñenlle trasladado nos últimos días a Noriega o seu respaldo á súa candidatura.


O Parlamento de Galicia, esta mañá

En contra da transparencia nas axudas a medios de comunicación

Sociedade 24/02/2015
  Envía a túa opinión

"O Partido Popular votou en contra da transparéncia nas axudas aos medios de comunicación" afirma a Asociación de Medios en Galego, tras a decisión adoptada esta mañá polo Pleno do Parlamento Galego de non tomar en consideración a proposición de Lei de Publicidade Institucional, presentada pola entidade. Nove veces nos últimos seis anos prometeu o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo "a inmediata presentación da Lei de Publicidade Institucional" sen que en ningunha das ocasións cumprira a súa promesa. Esta mañá os populares rexeitaron a posibilidade de debater o asunto na Cámara autonómica.


Manifestación de Queremos Galego na saida da Alameda de Santiago de Compostela

O galego saca músculo

Sociedade 08/02/2015
  Envía a túa opinión

"O galego saca hoxe músculo" afirmou o humorista Xosé Lois "O Carrabouxo" nunha Praza da Quintana de Santiago de Compostela ateigada de xente. Máis de vintecinco mil persoas secundaron o chamamento da plataforma Queremos Galego e esixiron medidas efectivas de promoción e protección da lingua galega.


Un momento da inauguración

Premios Ksado: “unha grande mostra, nun grande espazo”

Sociedade 15/01/2015
  Envía a túa opinión

O Museo do Pobo Galego acolle unha mostra antolóxica das dez coleccións gañadoras do Premio Luís Ksado que convoca a Deputación da Coruña. A exposición permanecerá aberta ata o 17 de febreiro e a continuación viaxará a Ferrol, Vigo e Vilagarcía. Tanto o comisario do premio, Xurxo Lobato, como o presidente do Padroado do Museo, Justo Beramendi, eloxiaron a enorme calidade dos traballos que cada ano se presentan á convocatoria provincial.


Logotipo do certame que se celebra o 10 de xaneiro

Boimorto cántalle aos Reis de Oriente

Cultura 26/12/2014
  Envía a túa opinión

Melchor, Gaspar e Baltasar teñen unha parada especial en Galicia: Boimorto. Neste municipio da comarca coruñesa de Arzúa vénse celebrando un certame de cuadrillas de Cantares de Reis que comezou sendo concurso e rematou por ser mostra. Desta volta, ademais da Mostra de Cantares de Reis que se celebrará o día 3 de xaneiro, dende o concello organizan o I Encontro Peninsular Arredor dos Cantares en Tempo de Reis que contará con participantes de toda a península que exporán cadanseu traballo o día 10 de xaneiro. Os participantes confirmados son, por Cataluña,  Gianni Ginesi; por Euskadi, Josu Larrinaga; pola Meseta, José Antonio Alonso e Joaquín Díaz; por Portugal, Domingos Morais; e por Galicia, Cristina Sánchez Carretero e Xesús Mato Mato

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros