Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Centro de Saúde de Fene

Denuncian conxestión dos servizos de urxencias

Sociedade 03/02/2016
  Envía a túa opinión

Denuncian colapsos nos servizos de urxencias do Arquitecto Marcide. Os pacientes queixanse da espera durante horas por enfermos de distintas patoloxias. Xa a pasada semana a tenente de alcalde de Ferrol Beatriz Sestayo denunciara a espera durante vinte oito horas por unha cama, pola carencia de cuartos dispoñibeis.


Imaxe do mozo Pucho Boedo

Pucho Boedo. Un crooner na fin do mundo

Sociedade 22/01/2016
  Envía a túa opinión

O 26 de xaneiro de 1986 finaba na Coruña o máis grande mestre da canción galega, Pucho Boedo.
O vindeiro luns –véspera da efeméride- proxectarase na súa honra o documental “Un crooner na fin do mundo” na sede do CGAI, rúa Durán Loriga 10, ás oito da tarde. De seguido, na praza de Sellier, no bar Buserana –antigo Rial- onde o mestre algunha cunca ten tomado- as e os puchistas sinceros seguirán a significar coa música eses trinta anos de lenda. 


Xoán Hermida

Xoán Hermida: “A cidadanía debe ocupar o posto de mando de En Marea”

Sociedade 19/01/2016
  Envía a túa opinión

Dous fitos na vida social e política do país estableceron o marco de investigación na tese de doutoramento que Xoán Hermida presentou, coa máxima cualificación, hai agora un mes na Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección de Ramón Máiz e Nieves Lagares. “Movementos sociais e altermundismo en Galicia: de Nunca Máis a AGE (2002-2012)”, é un traballo que recolle unha década de transformación profunda da relación entre política e cidadanía e que prefigura o momento actual. Hermida opina que Alternativa Galega de Esquerda “está superada” e foi só “unha primeira expresión dunha nova interfaz política que se foi configurando ao longo desa década”. A alianza que xuntou a Anova con Esquerda Unida tivo éxito electoral mais “fracasou porque non abordou os temas ontolóxicos e metodolóxicos”. Ollando ao futuro, o autor da tese pensa que “En Marea é moito máis rico” e agora debe “construírse e non ser unha reprodución da vella política como foi AGE”. 


Premio María Casares (Foto: Tamara de la Fuente)

Conta atrás para os María Casares

Cultura 23/12/2015
  Envía a túa opinión

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convoca os XX Premios de Teatro María Casares, cuxa gala de entrega se celebrará o vindeiro 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Poderán participar todos os espectáculos profesionais de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015 e o prazo de inscrición, que vén de abrir, pecha o 11 de xaneiro. Por vez primeira, o proceso tanto de inscrición como de votación realizarase integramente a través da rede, grazas á renovación da nova páxina web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia co gallo do seu XXX aniversario.


Cartaz da convocatoria

Artistas galegos con John Lennon pola paz

Sociedade 09/12/2015
  Envía a túa opinión

A asociación Acordes pola Paz organiza un concerto solidario en honra a John Lennon coincidindo co aniversario do seu falecemento. O evento terá lugar o sábado 12 de decembro ás 22:30 no Club Garufa da Coruña (Rúa Comandante Barja nº5) e contará coa participación de diversos grupos que interpretarán, entre as súas cancións, unha peza dedicada ao ex-compoñente dos Beatles. O concerto estará conducido pola actriz Teté Delgado e contará coa actuación de artistas galegos como Manuel Manquiña, Agoraphobia, Carolina Rubirosa & Miguel Arthus, Extrema Urxencia, César Morán ou Os Nortones.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros