Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 09 de Septembro de 2010

Emisoras > Radio Foz

Información da emisora Novas da emisora

Peixe legal no mercado

Retiran nasas sen identificar en zonas prohibidas da Mariña lucense

Sociedade 23/04/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Axentes do servizo de Gardacostas de Galicia dependente da Consellería do Mar requisaron 767 aparellos en diferentes operativos realizados nas rías de Ferrol, de Arousa, de Corcubión, de Pontevedra, de Vigo, na ría de Muros Noia e na Mariña. Ademais os gardacostas comisaron máis de 367 quilos de distintas especies.


O cronista oficial de Foz, Suso Fernández

Homenaxe a 50 anos de traballo a prol da cultura de Foz

Sociedade 20/04/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Coincidindo co Día do Libro, este venres 23 de abril, homenaxéase ao Cronista oficial de Foz, Suso Fernández. Unha iniciativa promovida pola Asociación Cultural A Pomba do Arco en colaboración cos demais movementos culturais focenses. No acto intervirán diversos persoeiros relevantes da cultura de foz que destacarán o papel relevante e a pegada de Suso Fernández na vida cultural dos derradeiros 50 anos da localidade lucense. Neste recoñecemento participará tamén a viuva de Manuel María, gran amigo do homenaxeado, incidindo na relevancia do cronista oficial de Foz na vida cultural galega. A relación entre o poeta chairego con Suso foi clave para que Foz aparécese na extensa literatura do gran Manuel María. Ademais faráselle entrega do carné de socio de honra da Pomba do Barco. Un galardón que só posúe, curiosamente, o finado autor de "Soños na gaiola". O acto literario serverá para achegar aos veciños e demáis habitantes da Mariña luguesa a entrega desinteresada de Fernández a prol da cultura galega e ao mesmo tempo recoñecer a súa figura. A música non faltará nesta cita coa Banda Municipal de Foz. Como exemplo deste recoñecemento o último xoves deste mes a corporación municipal debaterá o seu nomeamento como fillo predilecto de Foz. O acto terá lugar este venres ás oito e media na Sala Bahía. 


O porto de Foz na actualidade

A pesca da balea en Foz

Sociedade 18/04/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Moita riqueza xeneraban en Galicia as baleas. O historiador Felipe Valdés acomete un analise exhaustivo da caza dos cetáceos tanto na época histórica como na actualidade. No libro Los balleneros en Galicia (siglos XIII all XX) reflexa a importancia desa actividade no concello de Foz (Lugo).


A vara doada mide máis de 20 metros de lonxitude

A vara boniteira do Museo do Pobo Galego

Sociedade 14/04/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Museo do Pobo Galego exhibirá nas súas salas un agasallo moi particular. O Concello de Burela, o pósito, a cofraría de pescadores e o centro de lecer dos xubilados do mar doarán  á galería de Compostela unha vara boniteira. A entrega terá lugar nun acto previsto para o vindeiro 17 de abril en Santiago. Este aparello representa unha arte pesqueira, elaborada en Burela na que se pesca a base de curricán. Estas varas son unas canas de 18 ou 20 metros de altura empregadas na pesca artesanal do bonito, o peixe rei de Burela coa súa famosa festa-degustación o primeiro domingo de agosto. A elaboración deste presente supuxo para os mariñeiros rememorar unha época pasada cos seus contos e anécdotas e de paso amosar os métodos artesanais cos que traballaban. Todos os veciños/as interesados en acudir ao acto contará cun bus de balde para presenciar a entrega desta doazón, un feito que enorgullece a toda Burela.


No Prioiro en Covas (Ferrol A Coruña) ubicábase un dos portos baleeiros de Galicia

As baleas xeneraban moita riqueza

Sociedade 11/04/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O porto baleeiro do Prioiro en Covas (Ferrol) e o primeiro do que se ten constancia documental en Galicia. No ano 1288 o rei Sancho IV confirma ao mosteiro de Sobrado a parte do "diezmo de la ballenación" que lles pertencia no Prioiro, e que desde a morte do infante Alfonso (1272) non percibían. A súa orixe remontábase a un acordo durante as primeiras décadas do século XIII. Anos antes fundárase en Covas a granxa de Reparada, pertencente tamén ao convento de Sobrado desde o ano 1158 por mercede de Fernando II. Existen outros dous portos en Galicia de actividade practicamente coetánea ao do Prioiro. En 1291 atopamos a primeira noticia documental do funcionamento dos portos de Bares (Mañón) e de San Cibrao (Cervo).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -
Publicidade

Axenda

Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
We Have Band e Norton en Pontevedra
09/09/2010 - 23:00
Sala Karma
Concerto de Jackelberrys en O Burgo (A Coruña)
09/09/2010 - 22:30
Fórum Celticum
Nut Teatro presentan “Wake Up” no Fetega
09/09/2010 - 22:30
Multifuncional de O Carballiño
Damien Jurado actúa en Ourense
09/09/2010 - 22:00
Café & Pop Torgal
Munich e Igloo en Vigo
09/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Festival Internacional de Curtametraxes en Bueu (FicBueu)
09/09/2010 - 21:30
Centro Social do Mar
Concerto en Compostela de Mercedes Peón
09/09/2010 - 21:00
Teatro Principal
Pecha no Cebreiro o ciclo “Camiños en danza”
09/09/2010 - 20:00
Campo da Festa

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros