Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Vista do Centro Comarcal Expo Ordes

O gran evento multisectorial de Ordes abre as súas portas

Sociedade 24/04/2009
  Envía a túa opinión

Expo Ordes recibe aos primeiros visitantes este mesmo serán e inaugura unha manchea de actividades que ateigarán o calendario desta cita feiral multisectorial. Máis de 1.500 profesionais e 50 postos congregaranse baixo unha carpa de 1.800 metros cadrados situada no campo da feira da vila ordense. Os sectores textil, agropecuario, industrial, culinario e naval terán representación en Expo Ordes, tal e como nos contan dende a Radio Municipal na crónica falada adxunta.


As obras rematarán no prazo de dous meses

A cidade deportiva de Vista Alegre, máis preto

Deportes 23/04/2009
  Envía a túa opinión

As obras de construción das pistas de atletismo dan o bandeirazo de saída á cidade deportiva de Vista Alegre. Nos carrís, algúns deles deseñados para o adestramento en velocidade, investiranse 200.000 euros, e o prazo de execución dos mesmos é de dous meses. Do resto de instalacións coas que contará o recinto deportivo, así como do obradoiro de autodefensa para mulleres que programa o Concello, informa Radio Ordes na crónica falada adxunta.


O dramaturgo asinará exemplares das súas obras

Euloxio Ruibal festexa o Día do Libro en Ordes

Cultura 22/04/2009
  Envía a túa opinión

O catedrático e dramaturgo Euloxio Ruibal protagonizará os actos do Día do Libro na vila. O autor de "Azos de esguello" asinará exemplares das súas obras na Biblioteca Municipal mañá xoves a partir das 12. No espazo de lectura haberá tamén unha mostra de traballos de infantís e agasallaránselle libros aos pequenos, entroutras actividades das que nos dá conta Radio Ordes.


Os actos insírense na XX Festa do Champiñón

O cogomelo, produto estrela do 25 de abril en Ordes

Sociedade 17/04/2009
  Envía a túa opinión

A I Xornada Técnica do Cogomelo celebrarase en Ordes o sábado 25 de abril, no marco da feira multisectorial Expo Ordes e da XX Festa do Champiñón. O catedrático Antonio Rigueira, cunha conferencia verbo da multifuncionalidade do monte, abrirá os actos dunha programación da que nos dá conta Pablo Quinteiro na crónica falada de Radio Ordes.


David Bisbal actuará o día 30 en Ordes xunto a Panorama

Baute, Bisbal e Bustamante actuan en Ordes o xoves 30

Sociedade 17/04/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes organiza a II Gala contra o Cancro que pretende recadar apoios contra esta doenza mediante un evento músical que congregará na vila ordense a músicos de primeira fila como Carlos Baute, David Bisbal, Marta Sánchez, OBK ou David Bustamante. A Orquestra Panorama exercerá de anfitriona sobre o escenario. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros