Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Cartel do programa radiofónico

“Alcanzando o benestar” pecha o programa radiofónico de técnicas antiestrés

Sociedade 26/05/2009
  Envía a túa opinión

O Fogar do Maior de Allariz acollerá ás oito da tarde deste xoves o último programa radiofónico en directo de técnicas antiestrés. Será coa conferencia “Alcanzando o Benestar”, impartida pola psicóloga clínica e condutora do programa Elsa Pérez Sola, responsable de benestar social da Asociación Andrea. A esta sesión poderán acudir todas as persoas interesadas que participarán coas súas preguntas ao remate do relatorio.


“Cos pés na terra (e só cos pés)”

“Cos pés na terra (e só cos pés)”, o espectáculo de danza de D2, chega ao Auditorio de Ourense

Cultura 26/05/2009
  Envía a túa opinión

Un espectáculo de danza que nace para investigar a linguaxe, outra maneira de facer. Ese é o obxectivo co que naceu D2. Non pórlle límites á creación. Así o demostran co espectáculo Cos pés na terra (e só cos pés) que este xoves, 28 de maio, ás oito e media da tarde, se presenta no Auditorio de Ourense. Esta peza está dirixida por Manu Lago e interpretada por Teresa de la Hera e Fran Riveiro. Participa no proxecto Ángel Comesaña con música orixinal. A versión infantil do espectáculo estreouse o 4 de abril na Sala The Star en Carral – A Coruña e proximamente presentarase a peza de videodanza que pechará o proxecto.

 

 

 

 

 

 


Cartel do ciclo de conferencias sobre deseño

“O deseñador na empresa de moda” inaugura un ciclo de conferencias en Fecilidad Duce

Sociedade 20/05/2009
  Envía a túa opinión

O Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño Felicidad Duce de Allariz organiza para os vindeiros días un ciclo de conferencias dirixidas á area de Deseño. Comeza este ciclo, mañá día 21 de maio á s18:00h, coa conferencia “O deseñador na empresa de moda” impartida por Mercedes Huerta, responsable de Selección & Formación do Grupo Caramelo. Continúa o 28 de maio, ás 18:00h coa participación de Salva Zentolo e Pablo Zentolo, responsables das marcas Rei Zentolo, Yo bordo e Shirt Gigolo que falarán sobre a “Creación dunha marca”.

 


Portada de “Menudas historias de la historia”

A escritora Nieves Concostrina presenta en Ourense “Menudas historias de la historia”

Cultura 20/05/2009
  Envía a túa opinión

A librería ourensá La Región acolle ás seis da tarde de mañá xoves a sinatura de exemplares de Menudas historias de la historia, obra de Nieves Concostrina que vén de publicar La Esfera de los Libros. Un texto que nos traslada con moito humor a unha viaxe por algún dos feitos máis curiosos da nosa historia. Ás oito e cuarto da tarde presentará o libro no Centro Caixanova.


Cartaz das Xornadas Formativas do CEA

O Rexo organiza actividades relacionadas co cambio climático e a construción sostible

Sociedade 19/05/2009
  Envía a túa opinión

O Centro de Educación Ambiental O Rexo de Allariz organizou para esta semana un foro de sostibilidade que acolle varias actividades como a exposición “Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”. Poderá ser visitada en horario de 11:00 a 14:00h e pola tarde de 17:00 a 21:00h. O xoves 21 de maio ás 20:00h proxectarase o documental Manual de uso para unha nave espacial. Ao remate da proxección Ana Belén Alba, traballadora da Axencia de Enerxía de Vigo (FAIMEVI) comezará unha charla – coloquio na que poderán participar todos os asistentes. Continuando coa actividade medioambiental a Fundación Ramón González Ferreiro en colaboración co Concello de Allariz e La Caixa organiza no C.E.A O Rexo as I Xornadas Formativas do CEA “Construción Sustentable” durante este venres e sábado.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros