Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

O encoro de Caldas rebordou de capacidade en só 10 horas

O temporal de chuvias asolaga con incidencias o Sur de Galicia

Sociedade 07/01/2011
  Envía a túa opinión

Torrenciais. É o cualificativo que mellor lle acae á intensidade das chuvias que están a mergullar numerosos puntos do Sur da Galicia baixos as augas. Nalgún puntos chegaron a acumularse uns 300 litros por metro cadrado, provocando asolagamentos e desbordamentos de ríos. Foi o caso do Tambre en Sigüeiro, o Galo en Cuntis ou o Umia en Caldas de Reis, onde o encoro encheuse con case 4 millóns de metros cúbicos en só 10 horas. A situación de máis risco para a poboación deuse no concello pontevedreś de Marín, onde tivo que ser evacuado o Centro de Maiores. Os 70 anciáns residentes nas súas instalacións foron trasladados por efectivos da Dirección Xeral de Emerxencias, que mantivo dous camións achicando auga no lugar. O comité de emerxencia decretou a mudanza de 30 anciáns á residencia Meixoeiro de Vigo; outros 10 ao centro Valle Inclán de Vilanova; 13 foron á residencia Campolongo de Pontevedra; e 11 máis ficarán no centro de maiores de Cangas. Outros 6 foron trasladados de forma voluntaria coas súas familias segundo informou a Xunta.


O ciclo arrinca este serán coa proxección do filme

Ollada cinematográfica do Maio do 68

Cultura 07/01/2011
  Envía a túa opinión

A película "Os amantes habituais" de Philippe Garrel será a encargada de inaugurar o ciclo que se vai desenvolver durante o mes de Xaneiro. Así, todos os venres proxectarase no Multiusos da Xunqueira ás 20:30 horas unha película que servirá ao público para reflexionar sobre o que se iniciou como unha revolta dos estudantes franceses no maio do 68 e que chegou a ser unha "guerra contra os estados xerais".


O intelectual galego cumpriría esta semana 98 anos

A cultura galega lembra a Fernández del Riego

Sociedade 05/01/2011
  Envía a túa opinión

Vigo acollerá o venres 14 de xaneiro unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010). A Fundación Penzol e Editorial Galaxia preparan un tributo civil dedicado a quen foi un dos seus fundadores e figura sobranceira do galeguismo. A idea dos organizadores era celebrar o acto este venres día 7, aniversario do homenaxeado e data tamén do falecemento en Buenos Aires de Alfonso R. Castelao, pero por razóns técnicas decidiron adialo unha semana.


Fotografia: www.concellopontevedra.es

As fortes choivas causan anegamentos en Pontevedra e Marín

Sociedade 05/01/2011
  Envía a túa opinión

As rúas Eduardo Pondal e Padre Fernando Olmedo de Pontevedra tivéronse que cortar ao tráfico a primeiras horas da mañá. As fortes choivas anegaron as vias e o nivel da auga chegaba aos 35 centímetros nalgúns puntos. Comercios, bares e tendas non puideron abrir as súas portas por ese motivo. En Marín inundouse unha escola infantil e en Bueu desbordouse o río Bispo.


As tinturarías denuncian a presenza de produtos nocivos para a saúde nalgunhas prendas de roupa

Sociedade 02/01/2011
  Envía a túa opinión

A Asociación de Tinturarías e Lavandarías da provincia de Pontevedra denuncia o incumprimento das normas de etiquetaxe en moitas prendas de roupa. Isto implica nalgunhas ocasións, alertan desde o colectivo, que os tecidos conteñen produtos químicos nocivos para a saúde. Ante esta situación, reclaman maior vixilancia por parte de consumidores e administracións públicas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros