Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Sito Sedes cantando na homenaxe a Boedo e Romo en Pontevedra

Pucho Boedo: Non podo esquencerte, terra, terriña,...

Cultura 31/08/2010
  Envía a túa opinión

Xurxo Souto presentará este sábado en Cambre un concerto de homenaxe a Prudencio Romo e Pucho Boedo. Actuará a banda de música Sementeira coas voces de Paco Lodeiro, Sito Sedes e Miguelón. Comezará ás oito e media da tarde no Auditorio da igrexa de Santa María de Cambre.


Entre as 10.000 fotografías encóntrase as da praia de Carnota, por exemplo

10.000 fotografías aéreas da costa galega a disposición dos cidadáns

Sociedade 28/08/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia, por primeira vez, vén de poñer a disposición de todos os cidadáns un banco de case 10.000 fotografías actualizadas da costa galega. Estas fotografías aéreas foron empregadas nos estudios dentro do Plan de Ordenación do Litoral, e tanto as imaxes como toda a información pode consultarse na web do Plan de Ordenación do Litoral www.xunta.es/litoral (apartado “descargables").


O Laión

O Veleiro Laión participa na IX Regata Infanta Elena de A coruña

Sociedade 26/08/2010
  Envía a túa opinión

O veleiro Laion da Asociación de Persoas con Discapacidade participará na IX Regata S.A.R. Infanta Elena de A Coruña. Un grupo formado por 6 usuarios/as e 3 monitores do Programa de Vacacións de COGAMI, embarcarán, mañá ás catro, dende o pantalán situado fronte ao  edificio principal do Náutico Vello. Continúa así a aventura náutica estival do Proxecto Galicia Vela Adaptada (GAVEA), despois de navegar polas rías de Sada e Ribeira.


O empresario coruñés Gerardo Crespo

Denuncian trato de favor na Consellería de Traballo

Institucional 26/08/2010
  Envía a túa opinión

"A Xunta, no seu afán privatizador, concede máis cartos ás empresas privadas que a entes públicos para desenvolver cursos de formación" afirma Esquerda Unida nun comunicado, no que denuncia o reparto arbitrario dos fondos europeos destinados a cursos para desempregados. Tamén o alcalde de Oleiros Angel López Seoane reclama unha investigación da fiscalía polo posible "trato de favor ao grupo Azetanet".


Códice Calixtino

A mostra “Francisco Leiro. Celebrando o Códice Calixtino” recala en A Coruña

Cultura 25/08/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

A mostra “Francisco Leiro. Celebrando o Códice Calixtino” inaugurouse esta mañá na Coruña. Pódese visitar na sala de exposicións do Pazo Municipal da cidade ata o 26 de setembro. A exposición enmárcase no Camiño da Historia da programación deseñada por Xacobeo 2010 para celebrar este Ano Santo. A mostra chega á cidade herculina despois de recalar nas cidades de Santiago e Pontevedra e, antes do remate do ano, viaxará ata Bruxelas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros