Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Na cita haberá exposición de maquinaria agrícola

Expo Ordes celebrarase do 24 ao 26 de abril

Sociedade 16/04/2009
  Envía a túa opinión

O evento multisectorial máis sobranceiro da comarca concentrará a todo tipo de empresarios, exhibicións de artesanía e maquinaria agrícola e moitas outras actividades, como a Festa de Degustación de Champiñón, durante a última fin de semana do mes de abril. A Radio Municipal explica polo miúdo o contido desta cita na crónica falada de Pablo Quinteiro.


O prazo para a inscrición no obradoiro de informática remata o día 30

Informática para todos

Institucional 14/04/2009
  Envía a túa opinión

A Concellería de Discapacidade de Ordes programa un obradoiro de iniciación á informática dedicado a aquelas persoas cun nivel de discapacidade inferior ao 33 por cento. É parte da oferta municipal para o tempo de lecer que se completa coas propostas culturais e deportivas do departamento de Cultura do Concello, e da que dos dá conta Pablo Quinteiro na crónica achegada pola radio municipal.


Salvador Fernández Moreda preside a Deputación Provincial

Ordes recibe a maior subvención anticrise da zona

Sociedade 26/03/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes recibirá 326.000 euros do programa anticrise subvencionada pola Deputación Provincial e que procura garantir o funcionamento dos servizos públicos nas entidades municipais. A vila é a primeira en dotación económica recibida entre as da súa contorna, tal e como nos refería Pablo Quinteiro dende Radio Ordes.  

 


Vista do río ao seu paso por Ordes

55.000 euros para a limpeza do Mercurín

Institucional 25/03/2009
  Envía a túa opinión

O vindeiro luns comezarán as obras de limpeza do río que pasa polo municipio e que se estenderán nun treito de seis quilómetros entre o cauce urbán e o río Cabrón. O edil de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, anunciou tamén a intención do Concello de reparar fontes e lavadoiros. Podes escoitalo na crónica que ofrece dende Radio Ordes Pablo Quinteiro.


O xornada promove o equilibrio no trato coas reservas acuíferas

Ordes promove o uso sostible da auga

Sociedade 24/03/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes celebra unha xornada co gallo do pasado Día Mundial da Auga e que se desenvolverá baixo o epígrafe "Auga e nós: un equilibrio vital". Escoita en que consistirán as actividades grazas á crónica da radio municipal que nos achega Pablo Quinteiro e na que se inclúen as declaracións do edil de Medio Ambiente, Xesús Pedreira.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros