Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe da xornada celebrada en Castro

O Plan Reitor de Turismo da Terra Chá define as súas potencialidades

Sociedade 15/03/2010
  Envía a túa opinión

As principais potencialidades da comarca de A Terra Chá foron analizadas nas Xornadas da primeira fase do Plan de Reitor de Turismo que se puxo o Grupo de Desenvolmento Rural (GDR) nº 2. A xuntanza de onte, que tivo lugar en Castro de Ribeiras de Lea, serviu para  facer balance das catro previas levadas a cabo en Guitiriz, Vilalba, Cospeito e Abadín. O ex director Xeral de Turismo da Generalitat de Catalunya, Josep Cerveró, foi o encargado de analizar as potencialidades da bisbarra e marcar a liña a seguir nos vindeiros meses para que en abril poida ser presentado e posto no mercado de cara á campaña de verán.


Cartel da representación

Blanca Marsillach achega “Buscando a Hillary” a Vilalba o vindeiro luns 15 de marzo

Cultura 11/03/2010
  Envía a túa opinión

O departamento de Cultura do Concello de Vilalba, xunto coa Secretaría Xeral da Igualdade e a Fundación Caixa Galicia traerán ao auditorio Carmen Estévez da capital da chaira a obra de teatro “Buscando a Hillary”, creada por Elise Varela e protagonizada por Blanca Marsillach. A cita, que se enmarca dentro das accións que o muicpio lugués esta a levar a cabo para celebrar o Día Internacional das Mulleres, será o luns día 15 ás 18.30 horas e a entrada será de balde.


Carme Blanco e Ana Luísa Bouza durante o coloquio

A mostra “Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres”, permanecerá no Museo Provincial de Lugo ata o 22 de marzo

Cultura 11/03/2010
  Envía a túa opinión

A Área de Cultura da Deputación de Lugo, dirixida polo nacionalista Antón Bao, inaugurou onte a exposición “Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres”, que está organizada pola Fundación Galiza Sempre e que conta coa colaboración do organismo provincial. No acto participaron, ademais de Bao, o director de Galiza Sempre, Xabier Macías; así como a deputada do BNG no Parlamento galego, Ana Luísa Bouza, e a mestra de Literatura do Campus de Lugo da USC, Carme Blanco; que protagonizaron un coloquio sobre a evolución do feminismo na nosa comunidade. Esta mostra permanecerá nas instalacións do Museo Provincial ata o 22 de marzo.


Gerardo Criado, no centro, na presentación do protocolo

Vilalba presenta un protocolo interinstitucional de actuación contra a violencia de xénero

Sociedade 09/03/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Vilalba presentou onte o Acordo Interinstitucional de Coordinación en materia de Violencia de Xénero, nun acto ao que asistiron os principais representantes das forzas políticas do pleno vilalbés. Este protocolo, no que traballaron os últimos seis meses os organismos policiais, xudicial e social do Concello asesorados pola empresa OBZ,  busca mellorar a eficacia na atención e o acceso aos recursos existentes.


Bao, segundo pola dereita, e Cuba, ao seu carón, falan con representantes do Club de loita de Vilalba durante a recepción

O loitador vilalbés José Cuba recibirá unha axuda da Deputación para afrontar a súa participación en Londres 2012

Deportes 09/03/2010
  Envía a túa opinión

O loitador vilalbés José Cuba, que vende revalidar o campionato de España de loita, o seu noveno nacional, recibirá unha axuda para poder afrontar con garantías o reto de clasificarse para os próximos xogos olímpicos, que se celebrarán dentro de dous anos na cidade británica de Londres. A vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, dirixida polo nacionalista Antón Bao, anunciou onte durante a recepción  ao atleta chairego que aportará 10.000 euros ao club de Cuba, o Club de Loita Vilalba.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros