Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Río Arnoia ao seu paso por Allariz

O Festival de Xardíns de Allariz atópase na súa última fase de construción

Institucional 18/05/2009
  Envía a túa opinión

A brigada municipal atópase na última fase de construción do Festival de Xardíns. Os operarios atópanse realizando labores de cantería, o que permitirá, segundo o rexedor Francisco García, “pór en valor máis de 20.000 metros nas marxes do río Arnoia”. O alcalde de Allariz tamén afirmou que estes traballos permitirán elaborar certames anuais de paisaxismo e xardinería.


Casa da Mocidade

O rexedor alaricano agarda inaugurar a Casa da Mocidade e a pista polideportiva antes das festas de San Bieito

Sociedade 14/05/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz está realizando as obras de urbanización do parque e da pista polideportiva situadas diante da Casa da Mocidade. Unhas actuacións que o alcalde Francisco García agarda estean rematadas en xullo, previamente á festividade de San Bieito. Igualmente, nesas datas esperan proceder á apertura da Casa da Mocidade.


Os maiores de Allariz aprenden a facer manualidades

A sala A Fábrica acolle unha exposición cos traballos realizados no Obradoiro de Manualidades

Cultura 13/05/2009
  Envía a túa opinión

O Obradoiro de Manualidades do Fogar dos Maiores de Arzúa acolleu un taller de creatividade que deu como resultado unha exposición que se inauguraba hoxe na sala A Fábrica da localidade. A mostra componse dos traballos realizados polas mulleres e homes que asistiron a estas clases nas que, como confesa a encargada de impartilas, Sonia Paz, aprenderon moi diversas técnicas creativas.


Tramo en obras na rúa Emilia Pardo Bazán

As obras na rúa Emilia Pardo Bazán trasládanse ao tramo entre a estrada de Celanova e a estación de autobuses

Sociedade 11/05/2009
  Envía a túa opinión

A primeira fase de remodelación da calzada na rúa Emilia Pardo Bazán(Allariz), que comprende o tramo entre a Alameda e a estrada de Celanova, abriuse onte ao tráfico. Hoxe comezaba a segunda fase das obras que comprenderán o tramo entre a estrada de Celanova e a estación de autobuses, polo que quedará pechado ao tráfico ata o remate das obras, previsto para finais de maio. Facilitarase, durante os primeiros días, o acceso de transporte público á estación de autobuses. Debido á magnitude da obra acometida restrinxirase o acceso e saída de vehículos dos garaxes situados no tramo das obras.

 


A Escola Felicidad Duce prepara aos seus alumnos no deseño de moda

Comeza un ciclo de conferencias sobre moda no centro Felicidad Duce

Sociedade 07/05/2009
  Envía a túa opinión

A Escola Superior de Deseño e Moda Felicidad Duce, situada en Allariz, inicia hoxe un ciclo de conferencias que terán como relatores á encargada de selección e formación do Grupo Caramelo, Mercedes Huerta; e aos responsables das marcas Rei Zentolo, Yo Bordo e Shirt Gigolo, Salva e Pablo Zentolo. A primeira charla terá lugar ás seis desta tarde baixo o título de “O deseñador na empresa de moda” e a segunda desenvolverase o vindeiro xoves, 28 de maio, e levará por nome “Creación de marca”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros