Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

CEIP Nosa Señora das Dores

O CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei beneficíase do programa Abalar

Sociedade 14/01/2011
  Envía a túa opinión

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe pola mañá o CEIP Nosa Señora das Dores, no Concello de Forcarei, onde xa se remataron as obras de reforma da cuberta, nas que se investiron 176.053 euros. Posteriormente desprazouse ata Covelo, onde percorreu as instalacións do CEIP Antonio Blanco. En ambos casos estivo acompañado polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; e o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares.


O acto celébrase mañá venres, ás 19,30 horas, no Centro Social Novacaixagalicia, en Vigo

Fundación Penzol e Editorial Galaxia homenaxean a Francisco Fernández del Riego

Cultura 13/01/2011
  Envía a túa opinión

O pasado día 7 cumpriría 98 anos. Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010), unha das figuras máis sobranceiras da cultura galega do último século, será homenaxeado polas dúas institucións ás que dedicou grande parte da súa vida: a Fundación Penzol, que dirixiu ata poucos meses antes do seu falecemento, e a Editorial Galaxia, da que foi cofundador en 1950. No acto participan igualmente outras institucións vencelladas á súa persoa: a Real Academia Galega, da que foi presidente entre 1997 e 2001, período no que afrontou un importante proceso de renovación, e o Consello da Cultura Galega.


O IES Chapela premiado polo Ministerio de Educación

Cultura 08/01/2011
  Envía a túa opinión

Dúas alumnas do IES Chapela (Redondela) veñen de ver recoñecido o seu traballo na prevención da violencia contra as mulleres no certame ‘Irene: la paz empieza en casa’, no que resultaron galardoadas cun segundo premio na modalidade de alumnado. O traballo gañador ‘Ojos tristes, mirada baja, boca cerrada’ foi escollido pola súa contribución á prevención e erradicación das condutas violentas, e á promoción da igualdade e a cultura da paz. O Ministerio de Educación, organizador do certame, recompensará ás galardoadas cun premio de 2.000 euros.


O encoro de Caldas rebordou de capacidade en só 10 horas

O temporal de chuvias asolaga con incidencias o Sur de Galicia

Sociedade 07/01/2011
  Envía a túa opinión

Torrenciais. É o cualificativo que mellor lle acae á intensidade das chuvias que están a mergullar numerosos puntos do Sur da Galicia baixos as augas. Nalgún puntos chegaron a acumularse uns 300 litros por metro cadrado, provocando asolagamentos e desbordamentos de ríos. Foi o caso do Tambre en Sigüeiro, o Galo en Cuntis ou o Umia en Caldas de Reis, onde o encoro encheuse con case 4 millóns de metros cúbicos en só 10 horas. A situación de máis risco para a poboación deuse no concello pontevedreś de Marín, onde tivo que ser evacuado o Centro de Maiores. Os 70 anciáns residentes nas súas instalacións foron trasladados por efectivos da Dirección Xeral de Emerxencias, que mantivo dous camións achicando auga no lugar. O comité de emerxencia decretou a mudanza de 30 anciáns á residencia Meixoeiro de Vigo; outros 10 ao centro Valle Inclán de Vilanova; 13 foron á residencia Campolongo de Pontevedra; e 11 máis ficarán no centro de maiores de Cangas. Outros 6 foron trasladados de forma voluntaria coas súas familias segundo informou a Xunta.


O ciclo arrinca este serán coa proxección do filme

Ollada cinematográfica do Maio do 68

Cultura 07/01/2011
  Envía a túa opinión

A película "Os amantes habituais" de Philippe Garrel será a encargada de inaugurar o ciclo que se vai desenvolver durante o mes de Xaneiro. Así, todos os venres proxectarase no Multiusos da Xunqueira ás 20:30 horas unha película que servirá ao público para reflexionar sobre o que se iniciou como unha revolta dos estudantes franceses no maio do 68 e que chegou a ser unha "guerra contra os estados xerais".

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros