Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Estado no que quedou o microbus

Envorca un autocar no termo municipal de Oleiros

Sociedade 18/08/2010
  Envía a túa opinión

Mañá accidentada nas estradas galegas pola humidade do orballo. As catro provincias galegas rexistraron distintos accidentes. O sinistro máis grave aconteceu no termo municipal de Oleiros. Catro persoas resultaron feridas leves ao envorcar o microbús de liña regular no que viaxaban. As 9 persoas e a conductora que ían no vehículo foron liberadas polos bombeiros de Arteixo nun aparatoso rescate pola porta traseira e polo teito do bus.


Embarcacións engalanadas nos Caneiros

Os Caneiros non queren ser un macrobotellón

Sociedade 18/08/2010
 9 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Betanzos, en colaboración co Banco Etcheverría, puxo en marcha este ano a campaña “Conserva a tradición”, coa que pretende lembrar que a romería non consiste en botarse viño, como ocorríu nos últimos anos. Repartironse máis dun milleiro de camisetas entre os vecinos nas que pode lerse ese lema. A intención municipal é que a xente leve as camisetas postas nas duas xiras, a de hoxe e a do dia 25, nas que familias e amigos se suben ás embarcaciones engalanadas para a ocasión. Trátase de remontar o río Mandeo ata chegar ao campo da festa onde a musica das charangas amenizarán la tarde.


Caseque 200 anos do globo de Betanzos

Sociedade 16/08/2010
  Envía a túa opinión

As 12 da noite do 16 de agosto o monumental globo de papel volverá surcar os ceos de Betanzos. Renóvase así unha tradición documentada desde hai caseque 200 anos. Espéranse arredor de 50.000 persoas para contemplar o acto central das festas do San Roque.


A Plataforma para Defensa da Ría do Burgo denuncia na Unión Europea a degradación do espazo

Sociedade 05/08/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, integrada por máis de 30 asociacións ecoloxistas, veciñais, políticas, deportivas e empresariais, entre elas Adega; vén de denunciar no Parlamento Europeo o problema de degradación deste espazo. O colectivo considera que a pasividade e a conivencia das autoridades responsables desta zona (Estado, Xunta e concellos de A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo) está creando unha situación de emerxencia ambiental e poñendo en risco continuado a saúde humana. Por iso, segundo comentou o presidente de Adega-Coruña en Radiofusión, Ángel Amancio Sotillo, esixen rematar coa contaminación causada polas verteduras directas á ría do Burgo, a imposición de sancións exemplares para os causantes, a posta en marcha con carácter urxente dun proxecto integral de saneamento e rexeneración medioambiental da ría e a inmediata posta en funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), xa que A Coruña é a única gran cidade do Estado que aínda non conta con esta infraestrutura.



Castelo Deporte é unha asociación deportiva de Culleredo.

Aberto o prazo para inscribirse no maratón deportivo do Castelo Deporte

Sociedade 05/08/2010
  Envía a túa opinión

A aldea de Castelo, no Concello de Culleredo, acolle a quinta edición do Maratón Deportivo Castelo Deporte. Dous campionatos paralelos, un de fútbol e outro de tenis, e actuacións musicais son algúns dos contidos de todo o que está programado para este mes de agosto. O número de participantes nos campionatos agárdase que sexa numeroso e é que cada ano son máis as persoas que se interesan pola iniciativa. O 26 de agosto a festa do deporte rematará con música co Castelo Music Festival, que encherá a pequena aldea de Castelo de actuacións e de xente disposta a acampar nos espazos habilitados para a ocasión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros