Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

A segunda fase da ampliación custa 400.000 euros

Continúa a ampliación da alameda de Ordes

Institucional 23/03/2009
  Envía a túa opinión

O Concello investirá 400.000 euros na segunda fase dos traballos. Pablo Quinteiro, dende a emisora municipal, debulla o contido das intervencións que se acometerán no céntrico espazo municipal na crónica falada que podes escoitar no arquivo de audio adxunto.


A mostra achega o último en tecnoloxía dixital

Unha cíber-ollada a Galicia

Sociedade 18/03/2009
  Envía a túa opinión

A Casa da Cultura de Ordes recibe a mostra itinerante Galicia Dixital, unha exposición promovida pola Xunta que permite coñecer de maneira alternativa a nosa xeografía a través das últimas tecnoloxías da comunicación. Sobre os contidos desta nova alternativa de ocio fálanos dende Radio Ordes Pablo Quinteiro.


A xornada tentará achegarnos á situación da masa arbórea en Galicia

Un día para protexer os bosques

Sociedade 16/03/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes celebrará mañá martes o Día da Árbore cunha serie de actividades nas que participará a comunidade escolar do municipio e que incluirá a plantación de novos exemplares arbóreos. Ademais, o catedrático de Ciencias Naturais Carlos Rodríguez Dacal ofrecerá unha conferencia sobre "Árbores monumentais de Galicia". Podes coñecer a programación ao completo escoitando a crónica falada de Pablo Quinteiro dende a emisora municipal.


O PAC ofrecerá o sistema de tratamento co Sintrom

Novas incorporacións ao centro de saúde

Sociedade 13/03/2009
  Envía a túa opinión

Un enfermeiro e un traballador social incrementarán ata 30 o número de especialistas ao servizo do Centro de Saúde de Ordes, un Punto de Atención Continuada que atende a unha poboación conxunta de 25.000 persoas. Ademais, no mes de abril implantarase o sistema do anticoagulante Sintrom. Hai máis información na crónica falada de Pablo Quinteiro, de Radio Ordes.


As asistentes intercambiarán curiosidades dos seus países de orixe

Encontro de culturas no Centro da Terceira Idade

Sociedade 12/03/2009
  Envía a túa opinión

A Concellería de Servizos Sociais de Ordes celebra mañá o Encontro Intercultural de Mulleres que se desenvolverá a partir das 16.30 horas no Centro Social da Terceira Idade. As asistentes intercambiarán coñecementos sobre gastronomía, música, bailes ou vestimentas de cadansúa cultura. A programación municipal para o venres completarase cunha nova sesión do ciclo “Venres saudables”, desta volta dedicada á doenza da diabete.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros