Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Agosto de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Carme Blanco e Ana Luísa Bouza durante o coloquio

A mostra “Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres”, permanecerá no Museo Provincial de Lugo ata o 22 de marzo

Cultura 11/03/2010
  Envía a túa opinión

A Área de Cultura da Deputación de Lugo, dirixida polo nacionalista Antón Bao, inaugurou onte a exposición “Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres”, que está organizada pola Fundación Galiza Sempre e que conta coa colaboración do organismo provincial. No acto participaron, ademais de Bao, o director de Galiza Sempre, Xabier Macías; así como a deputada do BNG no Parlamento galego, Ana Luísa Bouza, e a mestra de Literatura do Campus de Lugo da USC, Carme Blanco; que protagonizaron un coloquio sobre a evolución do feminismo na nosa comunidade. Esta mostra permanecerá nas instalacións do Museo Provincial ata o 22 de marzo.


Gerardo Criado, no centro, na presentación do protocolo

Vilalba presenta un protocolo interinstitucional de actuación contra a violencia de xénero

Sociedade 09/03/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Vilalba presentou onte o Acordo Interinstitucional de Coordinación en materia de Violencia de Xénero, nun acto ao que asistiron os principais representantes das forzas políticas do pleno vilalbés. Este protocolo, no que traballaron os últimos seis meses os organismos policiais, xudicial e social do Concello asesorados pola empresa OBZ,  busca mellorar a eficacia na atención e o acceso aos recursos existentes.


Bao, segundo pola dereita, e Cuba, ao seu carón, falan con representantes do Club de loita de Vilalba durante a recepción

O loitador vilalbés José Cuba recibirá unha axuda da Deputación para afrontar a súa participación en Londres 2012

Deportes 09/03/2010
  Envía a túa opinión

O loitador vilalbés José Cuba, que vende revalidar o campionato de España de loita, o seu noveno nacional, recibirá unha axuda para poder afrontar con garantías o reto de clasificarse para os próximos xogos olímpicos, que se celebrarán dentro de dous anos na cidade británica de Londres. A vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, dirixida polo nacionalista Antón Bao, anunciou onte durante a recepción  ao atleta chairego que aportará 10.000 euros ao club de Cuba, o Club de Loita Vilalba.


Participantes na mesa redonda

A lei de Caixas a debate

Sociedade 07/03/2010
  Envía a túa opinión

Os deputados Agustín Baamonde (PP), Sonia Verdes (PSdeG PSOE) e Fernando Blanco (BNG) participaron na tarde noite do venres nun debate sobre a lei de Caixas no Centro Cultural de Vilalba (Lugo). O investigador Manuel Roca actuou como moderador dun acto organizado polo periódico TerraChá.Xa e o Instituto de Estudos Chairegos.


O Estadio de A Magdalena podería ser o campo de adestramentos para algunha selección do Mundial 2018

Vilalba podería ser subsé do Mundial de Fútbol 2018 en caso de que sexa en España

Deportes 05/03/2010
  Envía a túa opinión

Vilalba poderá ter un papel importante no mundial de fútbol do 2018 en caso de que a candidatura conxunta entre España e Portugal sexa a escollida pola FIFA para albergar un dos maiores espectáculos deportivos do globo. O Concello de A Coruña, que aspira a ser a sede dun dos grupos deste evento, pensa na capital chairega como unha das súas subsés, en caso de que o Estadio de Riazor sexa un dos elixidos pola Federación Española de Fútbol.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros