Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Rúa Emilia Pardo Bazán

Comezan as obras de remodelación da calzada na rúa Emilia Pardo Bazán

Sociedade 20/04/2009
  Envía a túa opinión

A rúa Emilia Pardo Bazán permanecerá pechada á circulación de vehículos desde pasadomañá mércores, 22 de abril, debido ao inicio das obras de acondicionamento da calzada. A partir desta data o tráfico e acceso de vehículos por esta rúa permanecerá totalmente pechado. Na primeira fase da obra quedará pechado o tramo comprendido entre a Alameda e a Estrada de Celanova. A segunda fase afectará ao tramo comprendido entre a Estrada de Celanova ata a intersección da rúa Emilia Pardo Bazán coa Estrada de Xunqueira, na estación de autobuses.

 

 


Festa do Boi de Allariz

A Festa do Boi de Allariz no ranking das mellores festas de toda a península

Sociedade 17/04/2009
  Envía a túa opinión

A Festa do Boi de Allariz participa nun concurso a través de internet no que se elixen as sete mellores festas de toda a península. A páxina web www.7mejores.es organiza un concurso para a elección de “As 7 mellores festas de España”. Actualmente, a Festa do Boi ocupa a posición 165 das preto de 1.800 candidaturas presentadas. No ranking provincial a celebración alaricana sitúase no segundo lugar da clasificación. Se queres votar por esta festa entra na páxina web www.7mejores.es antes do 30 de abril, data na que se celebrará a primeira fase do concurso na que se elixen os 50 mellores festexos. O premio para os finalistas é honorario. Non obstante, participar neste tipo de concursos permite unha ampla divulgación desta festa.

 


O alcalde de Allariz informou da apertura de plicas

Unha empresa de reparación de maquinaria e unha carpintería metálica optan a parcelas en Chorente

Sociedade 16/04/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz ingresará 200.000 euros grazas á poxe do novo lote de parcelas situadas no Parque Empresarial de Chorente. Vén de procederse á apertura de plicas das propostas presentadas que se corresponden con tres parcelas que ocuparían unha empresa de reparación e fabricación de maquinaria (grupos electróxenos) e unha carpintería metálica, segundo informou o alcalde Francisco García.


Casco histórico de Allariz

A Semana Santa en Allariz rematou co cartel de cheo

Sociedade 15/04/2009
  Envía a túa opinión

A concelleira de Turismo de Allariz, Cristina Cid, fixo un balance positivo da Semana Santa alaricana. A edil destacou a programación cultural como un dos grandes atractivos para os visitantes nestes días festivos; así como o propio patrimonio material e inmaterial da vila.


Cartel da XIV Miteu

Arrinca a XIV Miteu introducindo o teatro de sombras

Sociedade 15/04/2009
  Envía a túa opinión

O Grupo Rosaura da Aula de Teatro de Ourense inaugura ás sete desta tarde a Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu). Tras dela actuarán os italianos Banda Kurenai e o Grupo Cordelia tamén da Aula ourensá. Este é só o comezo dun evento que se prolongará ata o 28 deste mes de abril e que achegará á cidade das Burgas máis de 200 artistas, 30 espectáculos e 27 compañías procedentes de Italia, Arxentina, Portugal, Guinea Bissau, Brasil e distintos puntos de la xeografía estatal e galega como Yllana, Bambalinas Asesinas ou a compañía Maricastaña.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros