Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Instalacións da fábrica de automóbiles en Vigo

Citroën formula un ERE de suspensión rotatorio para todo o seu persoal

Sociedade 16/12/2010
  Envía a túa opinión

Da nada, ao todo. A factoría viguesa PSA Peugot Citroën xa non só deixará de ser a única empresa de automoción no Estado libre dun expediente de suspensión de emprego, senón que vai formular un que lle afectará á totalidade da súa nómina de traballadores. A dirección da empresa ofrece un ERE que suporá a suspensión de contrato durante dous meses para todos e cada un dos seus empregados durante un período de vixencia que se estende entre o 1 de marzo de 2011 e o 31 de decembro de 2012. Nunha decisión sorprendente que os sindicatos encaixaron mal, Citroën podería estender o expediente a 7.000 operarios fronte aos 1.500 cos que se contaba.


O galego Antonio Placer

As clases maxistrais de Kepa Junquera e Antonio Placer

Cultura 16/12/2010
  Envía a túa opinión

Kepa Junquera e Antonio Placer protagonizarán as dúas últimas citas do terceiro ciclo de master class de música tradicional que organiza a Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Os instrumentos tradicionais vascos e a relación entre creación vocal e improvisación serán os eixos temáticos destas clases maxistrais, que se desenvolverán dende hoxe ata este sábado, 18 de decembro, na sede da Fundación Illa de San Simón, na ría de Vigo.


The Cabriolets

Bimba Bosé presenta “Close” no Porriño

Sociedade 14/12/2010
  Envía a túa opinión

Bimba Bose e The Cabriolets actúan este venres no Bar Liceum de O Porriño (Pontevedra). O grupo caracterízase, ao longo da súa carreira, por un espírito inquedo, de busca, cunha mirada aberta, en constante evolución, e promiscua en canto a colaboracións se refire. Ao día seguinte, o sábado 18 de decembro, tocaralle a quenda a Andy Chango & Norman Hogue que presentarán “Éxito”, un percorrido verbal e musical dende a primeira canción composta por Andy Chango no ano 1985 ata as súas últimas creacións. Unha viaxe dende as primeiras ilusións dun mozo aspirante a estrela de rock ata a súa consagración como ama de casa.


O bilbaíno Kepa Junkera impartirá unha clase maxistral na Illa de San Simón

Clases maxistrais en San Simón a cargo de Kepa Junkera e Antonio Placer

Sociedade 08/12/2010
  Envía a túa opinión

Kepa Junkera e Antonio Placer impartirán dúas clases maxistrais de música tradicional na Illa de San Simón, na ría de Vigo. Esta iniciativa, organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), terá lugar entre os días 16 e 18 de decembro.


Logotipo da Novacaixagalicia

Chámase Novacaixagalicia

Sociedade 01/12/2010
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

A nova caixa galega froito da fusión de Caixa Galicia e Caixanova xa é unha realidade tras a súa inscrición esta mañá no Rexistro Mercantil da Coruña. Chamarase Novacaixagalicia, tal e como acordou o consello de administración da nova entidade reunido hoxe en Vigo. "Tanto o nome como a imaxe e identidade da nova marca son froito dun intenso traballo, desenvolvido polos profesionais das dúas caixas galegas, asesorados polos mellores expertos de Galicia en creación de identidade corporativa", informou a entidade nun comunicado.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros