Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz do festival

A Coruña vive a pé de rúa a comicidade do Festival Manicómicos

Sociedade 03/08/2010
  Envía a túa opinión

Os máis aloucados e xeniais espectáculos do panorama internacional, nun escenario máxico e único como son as rúas da cidade da Coruña. Esta é a proposta do X Festival Internacional de Teatro Cómico Manicómicos, unha data sinalada no calendario cultural da cidade herculina. Celebrarase no Obelisco e a Praza de María Pita o sábado 7 e domingo 8 de agosto. E como o dez é un número redondo, a organización artellou un programa para festexalo ao grande.


Cartaz da feira

A Feira do Libro de A Coruña acolle a presentación de 33 novidades literarias

Cultura 02/08/2010
  Envía a túa opinión

Escritores galegos como Miguel Ángel Villar Pintos, Rosa Aneiros, Manuel Rivas, Suso de Toro, Marilar Aleixandre ou Neira Vilas xunto a novelistas en castelán como Espido Freire, Marta Rivera de la Cruz, Rosa Regás, Fernando Marías, Soledad Puertolas ou Milagros Frías pasarán pola Feira do Libro de A Coruña. A cita, que chega este ano a súa XXXIX edición, abriu onte nos Xardíns Méndez Núñez coa lectura do pregón a cargo do poeta César Antonio Molina. A Feira está organizada pola Federación de Libreiros de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura. O evento acollerá ata o vindeiro 10 de agosto firmas de libros, presentacións de obras, recitais poéticos, monólogos de humor ou representacións teatrais.


Fernán Vello presentando un libro na Feira do Libro do 2009

Antoine Cassar presenta o seu Pasaporte na Feira do Libro da Coruña

Cultura 01/08/2010
  Envía a túa opinión

O escritor inglés presenta o seu poemario Pasaporte o vindeiro martes ás 18 horas na Feira do Libro da Coruña, nos xardins de Méndez Núñez. Será unha das 60 actividades programadas ata o vindeiro 10 de agosto, nun evento que cumpre a súa XXXIX edición. Neste ano 2010 conta con 45 expositores.


Cartel da última edición do Culturgal

O Culturgal celebrarase en decembro na Coruña organizado polo propio sector

Cultura 22/07/2010
  Envía a túa opinión

Os produtos culturais do país volverán ter o seu gran escaparate no Culturgal, a Feira Galega das Industriais Culturais. Logo dos problemas de apoio institucional que sufriu este evento tralo cambio de goberno na Xunta, o sector decidiu autoorganizarse. Os editores, as compañías audiovisuais, os produtores teatrais e as empresas discográficas uniron as súas forzas e porán de novo en marcha esta cita na Coruña, entre o 10 e o 12 de decembro.


Cambios no acceso ao aeroporto de Alvedro dende o luns

Sociedade 18/07/2010
  Envía a túa opinión

As obras do aparcadoiro do aeroporto de Alvedro entran na súa fase final. Os traballos obrigarán a cambiar a forma de acceso a partir do próximo luns. De forma provisional, para ir á terminal utilizarase o novo viario, o que no futuro conectará coa Terceira Rolda e coa Autovía do Noroeste. A construción do aparcadoiro P 1 diante da terminal de Alvedro obrigou a habilitar o aparcadoiro P 3, situado a 700 metros do embarque, ainda que unido co edificio mediante un autobús gratuito.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros