A Xunta de Galicia comprometéuse a axilizar os trámites para viabilizar as instalacións das cociñas e o servizo de cafetería do centro da terceira idade de Fene. O xefe do Servicio de prestacións e inclusión da Consellería de Benestar, Manuel Morán, asistiu sorpresivamente á asamblea de usuarios-as celebrada onte á atrde no centro da rúa da Torre e se interesou polas suas reclamacións. Esa circunstancia frustrou a intención dos usuarios-as de iniciar unha serie de accións reivindicativas.
O 5 de maio do 2013 cúmprense 100 anos da inauguración da liña férrea Betanzos – Ferrol. Os preparativos comezaron xa o ano pasado e continuarán nos próximos meses, con conferencias e mesas redondas, exposicións e con concertos das bandas de musica de tres dos concellos que participan na iniciativa do Centenario, as de Ferrol, Narón e Betanzos.
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, inauguraron a exposición “O humor e os dereitos da infancia” que permanecerá colgada na Casa da Cultura ata o 31 de xaneiro para despois voar soa por outros lugares. Con esta mostra reanuda o Museo do Humor a sua actividade pública. A concelleira de Cultura destacou a achega de obras dos mellores dibuxantes galegos e do resto do mundo.
O Centro socio comunitario de Fene está que arde. Non funciona a calefacción, non traballa a cafetería, non abre os fins de semana e festivos. O prezo das actividades sobe este trimestre. O presidente da coral Manuel Caldevilla queixase do abandono que sofre a instalación.
Os dias 21 e 22 de xaneiro os Berros do Castro actuarán en FITUR (Madrid) para o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente. Doce grupos de desenvolvemento rural de Galicia, Castela e León, Cantabria, Extremadura e Andalucía, pretenden amosar, co traballo de Berros do Castro, o proxecto de cooperación territorial INTERRITMOS. A finalidade deste proxecto é a de recuperar o patrimonio inmaterial como un recurso máis para o desenvolvemento do noso medio rural.