Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Os alaricanos estarán mañá máis de tres horas sen auga

Allariz sufrirá un corte de subministro de auga mañá mércores

Sociedade 28/04/2009
  Envía a túa opinión

As obras da remodelación da rúa Emilia Pardo Bazán provocarán un corte no subministro de auga mañá 29 de abril entre ás 15:30 e as 19:00h. O corte afectará a toda a vila, exceptuando o Parque Empresarial de Chorente.


A cesión do inmoble da Fundación Vicente Risco abordarase no pleno

O pleno de Allariz reúnese este mércores en sesión extraordinaria

Sociedade 27/04/2009
  Envía a túa opinión

O pleno da corporación municipal de Allariz reúnese este mércores 29 de abril en sesión extraordinaria ás oito e media da tarde no Salón de Actos do consistorio. O pleno será retransmitido en directo de forma íntegra por Radio Allariz (107.2 FM) e ao día seguinte, o xoves pola mañá, emitirase en redifusión.

 


Cartel do casting de modelos

A Escola Felicidad Duce busca modelos masculinos

Sociedade 24/04/2009
  Envía a túa opinión

A Escola Superior de Moda Felicidad Duce organiza un casting de modelos masculinos para participar no desfile de moda do vindeiro 26 de xuño. A entidade, situada en Paciños, busca cinco modelos masculinos para o desfile anual que realizan os alumnos do centro co fin de amosar os seus proxectos. Non é preciso ter experiencia, o único requisito imprescindible é a altura. Os modelos deberán medir polo menos 1,78 metros. Se estás interesado en participar e converterte en modelo por un día preséntate na Casa de Cultura o día 6 de maio de 12:00 a 14:00h. Pide máis información na Escola Superior de Moda Feliciad Duce no teléfono 988 436 180.


Festa dos Maios en Allariz

Os centros educativos e o Fogar do Maior de Allariz protagonizan a Festa dos Maios

Sociedade 23/04/2009
  Envía a túa opinión

Os nenos do Colexio Padre Feijóo e os mozos do IES de Allariz; así como os usuarios do Fogar do Maior celebrarán o vindeiro mércores, 29 de abril, a tradicional Festa dos Maios, no Campo da barreira a partir das once e media da mañá. Os maios presentados polo alumnado do Colexio Padre Feijóo e o instituto de Allariz percorrerán a rúa do Portelo ata a Praza Maior, onde quedarán expostos. O percorrido estará acompañado pola Escola de Música Tradicional e Danzas de Allariz, que actuarán na Praza Maior.

 

 


Os rapaces de Allariz entrarán en contacto coa radio no Día do Libro

Os alumnos do IES de Allariz visitan a Radio Municipal no Día do Libro

Sociedade 22/04/2009
  Envía a túa opinión

O alumnado do instituto alaricano acudirán mañá, día 23 de abril, aos estudos de Radio Allariz, co gallo da celebración do Día do Libro. Deste xeito, participarán nun programa radiofónico a partir das doce e media do mediodía e en redifusión ás nove e media da noite. Ofrecerán, entre outras referencias, unha entrevista á profesora e bibliotecaria María Sánchez Cid. Entrevistarán tamén aos compañeiros do Club de Lectura organizado polo centro docente e a biblioteca social Integratex.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros