Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Os socios de Ninktec, Pablo Gutiérrez, Alexandro Pereiro e Marcial Rodríguez

Ninktec, unha plataforma para axudar a emprender

Sociedade 28/12/2010
  Envía a túa opinión

Tras gañar o I Premio ao Mellor Proxecto Empresarial, convocado polo mestrado de Creación, Dirección e Innovación na Empresa, o enxeñeiro informático Pablo Gutiérrez, xuntos a dous alumnos da Universidadade de Vigo, arrinca a súa andaina empresarial para axudar no desenvolvemento de proxectos de software. Desde a Preincubadora de empresas que a Universidade da cidade olívica ten na Tecnópole, saen ao mercado coa súa plataforma de ideas Ninktec, co obxectivo de “axudar a outros a emprender as súas propia ideas de negocio”.


Obra de Manuel Vilaverde, un dos fundadores do Rurealismo

Os creadores do rural reivindican o seu modo de vida cun novo movemento artístico

Cultura 25/12/2010
  Envía a túa opinión

“Os artistas que viven fóra das cidades atópanse con máis dificultades para dar a coñecer o seu traballo”, asegura Luis Campos, un dos integrantes do Rurealismo. Tal como o seu nome indica, esta nova corrente artística reivindica o rural como escenario para a vida e a creación artística. Xunto con Campos, Manuel Vilaverde, Xosé Tosar e Fran Ameixeiras crearon este movemento que se presenta ao público cunha primeira exposición que se pode visitar na Estrada.


Evita Perón en Galicia

A visita da dama da esperanza

Sociedade 20/12/2010
  Envía a túa opinión

Eva Perón visitou Galicia en xuño de 1947. Acudiu a Santiago de Compostela, Vigo e Marín. Despertou a curiosidade e falou ás claras nunha sociedade amordazada e paralisada pola lembranza da guerra e da fame. Afirmou en público: "En Argentina trabajamos para que haya menos ricos y menos pobres. Hagan ustedes lo mismo". A Carmen Polo soltoulle: "Mi marido fue elegido por el pueblo, el suyo no". Franco permitiulle esas licencias xa que necesitaba dos envios de alimentos de Arxentina e precisaba tamén algún apoio internacional para un réxime político aillado tras a derrota na II Guerra Mundial dos seus aliados Hitler e Mussolini.


Instalacións da fábrica de automóbiles en Vigo

Citroën formula un ERE de suspensión rotatorio para todo o seu persoal

Sociedade 16/12/2010
  Envía a túa opinión

Da nada, ao todo. A factoría viguesa PSA Peugot Citroën xa non só deixará de ser a única empresa de automoción no Estado libre dun expediente de suspensión de emprego, senón que vai formular un que lle afectará á totalidade da súa nómina de traballadores. A dirección da empresa ofrece un ERE que suporá a suspensión de contrato durante dous meses para todos e cada un dos seus empregados durante un período de vixencia que se estende entre o 1 de marzo de 2011 e o 31 de decembro de 2012. Nunha decisión sorprendente que os sindicatos encaixaron mal, Citroën podería estender o expediente a 7.000 operarios fronte aos 1.500 cos que se contaba.


O galego Antonio Placer

As clases maxistrais de Kepa Junquera e Antonio Placer

Cultura 16/12/2010
  Envía a túa opinión

Kepa Junquera e Antonio Placer protagonizarán as dúas últimas citas do terceiro ciclo de master class de música tradicional que organiza a Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Os instrumentos tradicionais vascos e a relación entre creación vocal e improvisación serán os eixos temáticos destas clases maxistrais, que se desenvolverán dende hoxe ata este sábado, 18 de decembro, na sede da Fundación Illa de San Simón, na ría de Vigo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros