Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Second Life pemite a interacción telemática en espazos 3D

A UDC entra no metaverso virtual

Sociedade 11/07/2010
  Envía a túa opinión

Desde este mes de xullo e con vistas a realizar actividades no próximo curso lectivo, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (www.educacion.udc.es) abre o seu campus virtual en Second Life, coa ambición de converterse nunha referencia na utilización de ferramentas de comunicación síncrona para a participación dos seus profesores e alumnos en eventos e actividades en Internet en tempo real.


Cartaz do Burgojazz

O mellor jazz galego no Burgo

Sociedade 08/07/2010
  Envía a túa opinión

Por décimo ano consecutivo a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo, tras o éxito acadado nas edicións anteriores, presenta de novo o X Festival Burgojazz cun programa renovado adicado  ás mellores formacións do Jazz galego. Celebrarase desde mañá venres 9 ao 16  de xullo na Aula da Natureza do Xardín Botánico “Ría do Burgo”, agás o concerto inaugural e de  clausura que serán no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de O Burgo.Hai dez anos naceu o Festival de Jazz de Culleredo, para contribuir a crear un público de jazz no concello, así como animar o movemento jazzístico en xeral, incidindo na aparición de novos grupos e creadores, xa que nese momento non existían suficientes grupos para encher un festival na provincia.


O compositor uruguaio

Jorge Drexler presenta o seu novo disco “Amar la trama” no Teatro Colón

Cultura 05/07/2010
  Envía a túa opinión

Jorge Drexler presentará ao público galego os temas do seu último traballo discográfico, “Amar la trama”, dentro do apartado musical da programación do Teatro Colón Caixa Galicia. A actuación do oscarizado compositor uruguaio será este venres 9 de xullo ás oito do serán. Con este novo disco, volverá a encandilar ao público coa súa maneira única de contar historias e a súa profunda sensibilidade musical. "Amar la trama" é un espectáculo co que Drexler se alonxa do mundo melancólico de "12 segundos de oscuridad" para pasar a un novo territorio de luces que ademais, musicalmente, nos ofrece máis vida coa gravación simultánea de instrumentos. Sobresae a maxia do directo e o virtuosismo dos músicos á altura do talento de Jorge Drexler.


Buah neno, a vas a flipar

“Koruño, legado de Hércules”, buah chorbos, que bo!

Sociedade 05/07/2010
  Envía a túa opinión

“Buah, neno, viches ao jicho ese que cachou a policía? É o trapis do barrio. Mimá”. Estas frases forman parte da xerga urbana empregada nalgúns barrios coruñeses denominado “koruño”. Un dialecto propio que xurde na Coruña hai dúas décadas entre os máis xóvenes e que forma  parte do patrimonio e sinal de identidade da cidade. Neste diccionario atopamos palabras como “puriles”( persoas maiores ou pais), “chukel” (can), “truja” (cigarro) ou “kel” (vivenda). Agora esta particular xerga trasládase a un falso documental de investigación sobre a orixe do Koruño realizado por Mandeo Records e a xente do Obradoiro de Curtas de SocialCine que que impulsa a Concellería de Servizos Sociais coruñesa.


Cartaz

“Mundos Digitales 2010” reune a elite internacional da animación e efectos especiais

Cultura 02/07/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O IX Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital “Mundos Digitales” reunirá entre os días 7 e 10 de xullo na Coruña á elite mundial da tecnoloxía dixital aplicada á industria cultural. O evento arrinca cunha xornada dedicada exclusivamente á arquitectura dixital, o mércores día 7 de xullo. A sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña acollerá a profesionais como David Taylor, de América Arup, Juan Altieri, de Studio A2T, Grover Dan, de Cristal CG Internacional, Kim Larsen Baumann, de Placebo Effects, ou Franz Fischnaller, de F.A.B.R.I.CATORS. Ademais, ao final da xornada realizarase a cerimonia de entrega dos premios 3DAwards e do CGArchitect Film Festival, os galardóns máis importantes do sector.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros