Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

O alcalde de Allariz informou da apertura de plicas

Unha empresa de reparación de maquinaria e unha carpintería metálica optan a parcelas en Chorente

Sociedade 16/04/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz ingresará 200.000 euros grazas á poxe do novo lote de parcelas situadas no Parque Empresarial de Chorente. Vén de procederse á apertura de plicas das propostas presentadas que se corresponden con tres parcelas que ocuparían unha empresa de reparación e fabricación de maquinaria (grupos electróxenos) e unha carpintería metálica, segundo informou o alcalde Francisco García.


Casco histórico de Allariz

A Semana Santa en Allariz rematou co cartel de cheo

Sociedade 15/04/2009
  Envía a túa opinión

A concelleira de Turismo de Allariz, Cristina Cid, fixo un balance positivo da Semana Santa alaricana. A edil destacou a programación cultural como un dos grandes atractivos para os visitantes nestes días festivos; así como o propio patrimonio material e inmaterial da vila.


Cartel da XIV Miteu

Arrinca a XIV Miteu introducindo o teatro de sombras

Sociedade 15/04/2009
  Envía a túa opinión

O Grupo Rosaura da Aula de Teatro de Ourense inaugura ás sete desta tarde a Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu). Tras dela actuarán os italianos Banda Kurenai e o Grupo Cordelia tamén da Aula ourensá. Este é só o comezo dun evento que se prolongará ata o 28 deste mes de abril e que achegará á cidade das Burgas máis de 200 artistas, 30 espectáculos e 27 compañías procedentes de Italia, Arxentina, Portugal, Guinea Bissau, Brasil e distintos puntos de la xeografía estatal e galega como Yllana, Bambalinas Asesinas ou a compañía Maricastaña.

 


O estilismo protagonizará unha mostra ourensá

Estilismo e indumentaria novel á vista nunha mostra

Sociedade 14/04/2009
  Envía a túa opinión

O Centro Cultural Deputación de Ourense acollerá a partir deste xoves, 16 de abril, unha exposición con traballos dos alumnos da promoción de 2008 de “Estilismo e indumentaria”.


A Rede de Dinamización apoia a difusión da informática no rural

A aula móbil alaricana de informática estará esta semana en Torneiros

Sociedade 13/04/2009
  Envía a túa opinión

O Punto de dinamización en Novas Tecnoloxías do Concello de Allariz en colaboración coa Rede de Dinamización desprazan, neste mes de abril, a aula móbil ata o rural, concretamente ás parroquias de Torneiros e San Mamede. Esta semana é a quenda de Torneiros. Ata o xoves o obradoiro impartirase neste lugar de 16:30 a 18:30 horas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros