Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

The Cabriolets

Bimba Bosé presenta “Close” no Porriño

Sociedade 14/12/2010
  Envía a túa opinión

Bimba Bose e The Cabriolets actúan este venres no Bar Liceum de O Porriño (Pontevedra). O grupo caracterízase, ao longo da súa carreira, por un espírito inquedo, de busca, cunha mirada aberta, en constante evolución, e promiscua en canto a colaboracións se refire. Ao día seguinte, o sábado 18 de decembro, tocaralle a quenda a Andy Chango & Norman Hogue que presentarán “Éxito”, un percorrido verbal e musical dende a primeira canción composta por Andy Chango no ano 1985 ata as súas últimas creacións. Unha viaxe dende as primeiras ilusións dun mozo aspirante a estrela de rock ata a súa consagración como ama de casa.


O bilbaíno Kepa Junkera impartirá unha clase maxistral na Illa de San Simón

Clases maxistrais en San Simón a cargo de Kepa Junkera e Antonio Placer

Sociedade 08/12/2010
  Envía a túa opinión

Kepa Junkera e Antonio Placer impartirán dúas clases maxistrais de música tradicional na Illa de San Simón, na ría de Vigo. Esta iniciativa, organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), terá lugar entre os días 16 e 18 de decembro.


Logotipo da Novacaixagalicia

Chámase Novacaixagalicia

Sociedade 01/12/2010
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

A nova caixa galega froito da fusión de Caixa Galicia e Caixanova xa é unha realidade tras a súa inscrición esta mañá no Rexistro Mercantil da Coruña. Chamarase Novacaixagalicia, tal e como acordou o consello de administración da nova entidade reunido hoxe en Vigo. "Tanto o nome como a imaxe e identidade da nova marca son froito dun intenso traballo, desenvolvido polos profesionais das dúas caixas galegas, asesorados polos mellores expertos de Galicia en creación de identidade corporativa", informou a entidade nun comunicado.


María José Caride, voceira de Facenda do Grupo Socialista

A lei de acompañamento: un estrambote polémico para os Orzamentos da Xunta

Institucional 28/11/2010
  Envía a túa opinión

Como se fosen un soneto, os Orzamentos da Xunta para 2011 veñen con estrambote. A Administración Feijóo, ao igual que aconteceu noutras Comunidades tamén gobernadas polo PP, como Madrid ou Valencia, axuntou ao proxecto das contas autonómicas unha lei de acompañamento que, seguindo o mesmo trámite parlamentario, vai máis aló de fixar unhas previsións de gasto e investimento. A través da mesma, o Goberno promoveu modificacións noutras normas, como a Lei do Solo. A oposición parlamentaria definiu este recurso de última hora da Xunta, que prosperou grazas á maioría absoluta Partido Popular na Cámara, como unha “porta de atrás” para forzar a introdución de reformas. A voceira de Facenda do Grupo Parlamentario dos Socialistas, María José Caride, salientou en Radiofusiòn que a proposta da Xunta é “irregular” e no conta con ningún tipo de informe xurídico.


Dos Pelos Negros ao vivo

Os locais Dos Pelos Negros inauguran a Semana Cultural Furtiva do Morrazo

Cultura 27/11/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Asociación Cultural Deskarga Furtiva do Morrazo arrinca ás once desta noite, na discoteca Carpe Diem de Cangas, a Semana Cultural Furtiva, que culminará a vindeira fin de semana coa celebración do IV Festival Furtivo na Sala Zona de Bueu. O rock con tendencias blues, rythm and blues, rock and roll e funky do grupo local Dos Pelos Negros, que volve aos escenarios despois de catro anos de parón, será o encargado de inaugurar esta noite as actividades. A entrada para velos custa tres euros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros