Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz

“Mundos Digitales 2010” reune a elite internacional da animación e efectos especiais

Cultura 02/07/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O IX Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital “Mundos Digitales” reunirá entre os días 7 e 10 de xullo na Coruña á elite mundial da tecnoloxía dixital aplicada á industria cultural. O evento arrinca cunha xornada dedicada exclusivamente á arquitectura dixital, o mércores día 7 de xullo. A sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña acollerá a profesionais como David Taylor, de América Arup, Juan Altieri, de Studio A2T, Grover Dan, de Cristal CG Internacional, Kim Larsen Baumann, de Placebo Effects, ou Franz Fischnaller, de F.A.B.R.I.CATORS. Ademais, ao final da xornada realizarase a cerimonia de entrega dos premios 3DAwards e do CGArchitect Film Festival, os galardóns máis importantes do sector.


Cartaz do festival

O III Festival Empape achega a danza ás rúas coruñesas

Cultura 01/07/2010
  Envía a túa opinión

Artestudio Xestión Cultura e a Compañía Entremans organizan o Festival Empape, unha cita Internacional de Danza para impulsar o desenvolvemento cultural da cidade de A Coruña. O festival, que chega este ano a súa III edición, supón un punto de encontro e un intercambio de experiencias entre artistas e espectadores. Os seus obxectivos son sacar a danza a espazos urbanos, tomar prestados lugares da cidade herculina, xogando coa arquitectura e a relación creación-espazo e facer a danza accesible a todos/as. A terceira edición do Empape arrinca mañá venres e prolongarase toda a fin de semana.


As fotos de denuncia do maltrato infantil invaden os espazos públicos de Oleiros

Sociedade 25/06/2010
  Envía a túa opinión

Impulsar o encontro entre a realidade social e a cidadanía a través da fotografía é o obxectivo do Foro Internacional Revela que, por quinto ano consecutivo, pon en marcha o Concello de Oleiros. A iniciativa, que conta con apoio da Deputación da Coruña e a Fundación María José Jove, céntrase nesta edición na violación doS dereitos dos nenos baixo o lema Morrer de infancia.


Gonzalo Rubalcaba, unha revisión en clave de jazz ao folclore cubano

O pianista cubano Gonzalo Rubalcaba súmase á programación de xullo no Colón

Cultura 23/06/2010
  Envía a túa opinión

O pianista cubano Gonzalo Rubalcaba ofrecerá ao público coruñés a súa persoal revisión da tradición musical cubana nun concerto o vindeiro 22 de xullo no Teatro Colón Caixa Galicia. Nado na Habana post-revolucionaria, Rubalcaba absorbeu na súa nenez a cultura pop xunto coas formas tradicionais cubanas de cancións e danzas. A pesar da  diversidade de influencias, a formación do  instrumentista foi  enteiramente clásica, ao graduarse no  Instituto de Bellas Artes de La Habana en Composición Musical.


Refinaría de Repsol na Coruña

O comité de empresa satisfeito coa acta sancionadora contra Repsol

Sociedade 18/06/2010
  Envía a túa opinión

O informe da Inspección de traballo responsabiliza á empresa Repsol do accidente do pasado 15 de abril nunha das plantas de coque da refinaría coruñesa. A comisión de investigación creada co fin de averiguar o suceso concluiu que unha faísca dos traballos de soldadura causou o sinistro no que faleceu un empregado e outro sufriu quemaduras no 70% do corpo. Será agora o xulgado do penal quen depure responsabilidades. O representantes da CIG no comité de empresa presentaranse como acusación popular e o a fiscalía actuará de oficio para pór no banquiño aos responsables dos sinistro. Inspección indica que o procedemento de traballo que se estaba empregando na cámara de coque, onde se produciu a deflagración, non era o correcto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros