Envía a túa opinión
Comunidade subacuática e de arte libre. Defínese así a asociación alg-a. Esta fin de semana adicanlle unhas xornadas á poesía. María Lado impartirá un obradoiro e haberá lecturas e actuacións. Leo i Arremecaghona e Aid contribuirán coa sua música ao evento.
Envía a túa opinión
Nun horizonte de dez anos, o 20 por cento dos automóbiles que se matriculen serán eléctricos. Velaí o novo mercado que pretende explotar a empresa galega Blue Mobility Systems, que dende outubro comezará a espallar pola nosa xeografía puntos de recarga para este tipo de vehículos alimentados por enerxía limpa. A partir de outono comercializaránse sete modelos de coche eléctrico que precisarán para a súa repostaxe de enchufes de recarga. O presidente de Blue Mobility, Alberto Casal, avanzou en Radiofusiòn que antes de entrar na próxima década teremos á nosa disposición 15.000 conexións espalladas por cidades, centros comerciais e estacionamentos públicos para darlle servizo a unha clase de transporte que, no curto prazo, representará o 5 por cento do noso parque móbil.
Envía a túa opinión
En Galicia a meirande parte dos enfermos de Alzheimer pertencen ao eido rural, pero as cidades concentran a maioría das infraestruturas e dos recursos de información e formación. Para solucionar esta situación, a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Doentes de Alzheimer (FAGAL) propúxolle á Xunta de Galicia a creación de Unidades de Atención Terapéuticas naqueles puntos do territorio onde non chegan os centros de día.
Envía a túa opinión
O plantel da multinacional Bosch en Vigo mantivo hoxe unha folga para protestar contra o que cualifican como unha “deslocalización” do servizo cara Latinoamérica. Os 80 traballadores concentrados ante a sede da empresa afirmaron que a dirección pensa ofrecer o seu traballo a países como Chile ou Perú para abaratar custos, malia que, segundo denuncian, na oficina viguesa as condicións de traballo xa son precarias e as nóminas baixas.
Envía a túa opinión
A cantante e pianista estadounidense Norah Jones dará este verán un concerto en Vigo. Será o próximo 14 de xullo no parque de Castrelos. A actuación é unha das tres paradas en España que xa confirmou a cantante norteamericana na súa xira europea para presentar o seu cuarto disco «The fall».