Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O grupo catalán Love of Lesbian

Love of Lesbian tocará o 21 de Agosto no FIV de Vilalba

Cultura 21/02/2010
  Envía a túa opinión

Xa hai data e cabeza de cartel para a III Edición do Festival Independente de Vilalba (FIV). Será o 21 de agosto cando Love of Lesbian salten ao escenario, instalado na Praza da Constitución para dar mostra do por qué é un dos grandes valores da música española dos últimos anos. O grupo catalán actuará na Terra Chá como parte da súa xira de presentación do seu último traballo, “1999 (o cómo generar incendios de nieve con una lupa enfocando a la luna)”. Outras das novidades será a instalación dunha carpa, como a que se emprega na Feira do Capón, para evitar que o factor meteorolóxico condicione a celebración deste evento.


Imaxe da Casa do Concello de Guitiriz

O BNG de Guitiriz esixe maior transparencia e celeridade para atender as alegacións ao PXOM

Sociedade 18/02/2010
  Envía a túa opinión

O BNG de Guitiriz, a través do seu responsable local, Xosé Lois González Souto, criticou ao goberno municipal polo atraso que está a levar o proceso de resolución das alegacións ao PXOM e afirmou que “non temos coñecemento de que haxa ningún movemento no proceso de análise e contestación das alegacións ao PXOM seis meses despois de rematar o prazo da súa presentación”.


Imaxe das obras do parque infantil de Vilalba

Vilalba contará cun parque infantil de 1.000 metros cadrados

Sociedade 18/02/2010
  Envía a túa opinión

O maior parque infantil de Vilalba xa comezou as súas obras. O martes 16 de febreiro empezaron os traballos para que os pequenos vilalbeses teñan un lugar de xogos de 1.002 m2 de superficie. Esta nova instalación terá dúas zonas divididas para os nenos de 0 a 3 anos, cunha área de 390 m2; e para cativos de 4 anos en adiante de 610 m2.


Alberto Núñez Feijóo e Gerardo Criado, alcalde de Vilalba, no momento da inauguración do tramo

Núñez Feijóo abre o último tramo da Ag-64, que une Vilalba e Ferrol en 30 minutos

Sociedade 17/02/2010
  Envía a túa opinión

Trinta minutos en coche para ir de Vilalba ata Ferrol. A inauguración do último tramo da AG-64, entre Cabreiros e a capital da chaira, permite conectar a Terra Chá co mar nunha distancia de 53 quilómetros, aforrando case que un 60% do tempo que antes se empregaba para poder chegar á comarca de Ferrolterra. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado de abrir este último treito, nun acto ao que acudiron tamén o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, a delegada da Xunta, Raquel Arias, o subdelegado do Goberno en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe; así como os alcaldes de Vilalba, Gerardo Criado; Xermade, Tomás Rodríguez; Begonte, José Antonio Vázquez; Muras, Issam Alnagm Azzam; As Pontes, Valentín Formoso; e de Ferrol, Vicente Irisarri.


José Cuba durante a competición

O Club de Loita de Vilalba gaña o Galego Cadete de loita e remata segundo en Sénior

Deportes 16/02/2010
  Envía a túa opinión

O Club de Loita de Vilalba foi o gran triunfador do Campionato Galego de loita olímpica nas categorías cadete e sénior, que se celebrou o pasado fin de semana no Pavillón Municipal de Teis, en Vigo. A primeira das categorías deixou ao conxunto chairego no más alto do podio nas dúas modalidades, mentres que en sénior obtivo unha meritoria segunda plaza.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros