Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A Contrabutaca estrea “Frantasmas”, unha comedia irreverente a base de gags

Cultura 03/11/2010
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

Un antigo caserón de estilo vitoriano reproducido a gran formato é a particular cámara dos horrores da nova montaxe de Producións A Contrabutaca. Frantasmas, que así se chama a peza, estréase ás seis e media desta tarde no Auditorio Vidal Bolaño da Cidade Universitaria de Vigo. Con entrada de balde, a obra, recomendada para maiores de 14 anos, preséntase “como un novo xeito de entender a comedia en Galicia”, segundo o seu director, Xosé Lueiro. Trátase dun espectáculo que mestura gags, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes, seguindo o ronsel que compañías estatais como Sexpeare, Capa i Espasa, Pez en Raya ou Yllana. Precisamente, un dos membros da compañía madrileña, David Ottone, fixo unha colaboración especial na dirección de Frantasmas.


A ponte de Rande

Atopan o corpo sen vida dunha muller debaixo da ponte de Rande

Sociedade 01/11/2010
  Envía a túa opinión

O cadáver dunha muller, duns 60 anos, foi rescatado esta mañá nas inmediacións da ponte de Rande, no término municipal de Vilaboa (Pontevedra). O corpo atopábase nunha zona rochosa de dificil acceso. Un pescador deu a voz de alarma.


O traballo en directo da cantante americana e o músico español

Josephine Foster & Víctor Herrero Band en San Simón

Sociedade 29/10/2010
  Envía a túa opinión

"Anda jaleo" é a gravación en directo de Josephine Foster e Víctor Herrero Band das Canciones populares españolas recompiladas e harmonizadas por Federico García Lorca. Unha celebración da canción popular anónima e unha homenaxe á súa persistencia que se poderá escoitar mañá sábado 30 de outubro, ás sete da tarde, na Illa de San Simón. Un concerto que porá o broche final ao ciclo “Espazos sonoros” nesta contorna privilexiada.


Moitas destas persoas castelanizaban os seus apelidos dificultando agora a súa identificación

Os portugueses residentes en Galicia represaliados polo franquismo

Sociedade 28/10/2010
  Envía a túa opinión

O Instituto de Estudos Miñoranos demanda das autoridades lusas a investigación das mortes dos portugueses residentes en Galicia represaliados durante o franquismo. A cifra destas vítimas é confusa xa que moitos castellanizaban os seus apelidos para agochar a súa orixe. Segundo o director do instituto, Carlos Méixome, trátase dunha realidade pouco coñecida, á que non se lle presta atención ao englobala na listaxe xeral das vítimas da represión franquista, sin atender a súa procedencia.


Cándido Pazó é o responsable de “Memorias das Memorias dun neno labrego”

Cándido Pazó leva á escena o Balbino de Neira Vilas e os lectores

Cultura 28/10/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre”. Así comeza a obra Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Un texto que o vindeiro 5 de xaneiro celebra o 50 aniversario da súa publicación, unha data especial que Cándido Pazó quixo aproveitar para renderlle a súa particular homenaxe “por tratarse dun libro incorporado á memoria colectiva e que nos permite lembrar as vivencias dunha xeración”. Faino co espectáculo Memorias das Memorias dun neno labrego, que se estreará este sábado, ás nove da noite, no Auditorio Municipal da Illa de Arousa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros