Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Lugar onde se producíu o tiroteo onte

Detido en Culleredo o home que disparou á súa ex-parella

Sociedade 09/06/2010
  Envía a túa opinión

A Garda Civil e a Policia Local de Culleredo detiveron esta mañá ao home que onte disparou na Coruña á súa ex parella. Localizáronno na zona de Almeiras en Culleredo e no lugar atopáronse numerosas pastillas e anticonxelantes. Un veciño da zona deu a voz de alarma arredor das 9,45 desta mañá.


Cartaz do concerto

A ironía delirante de Tony Lomba & Elio dos Santos en Carral

Sociedade 08/06/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Tony Lomba & Elio dos Santos regresan aos escenarios. A volta temporal dos “príncipes da música lixeira” reúnense de novo para entonar os himnos cos que acadaron a sona. “Hoy es un día especial”, “Bandera, bandera”, “Alfredo Landa” ou “Ese amor de la abuela” soarán xunto a novos hits, froito do maxín delirante deste grupo indefinible, este sábado ás doce menos cuarto na sala The Start de Carral.


Cartaz da obra

Baixada do pano do ciclo de teatro Adolfo Marsillach de Culleredo

Cultura 07/06/2010
  Envía a túa opinión

Coa representación da obra “As Troianas” a cargo da Escola Municipal de Teatro de Culleredo o programa dos Encontros Culturais de Primavera Letras Galegas 2010 organizado pola Concellería de Cultura. En total foron doce representacións do mellor teatro galego e afeizoado ás que se  sumou a III Primavera Máxica dedicada aos máis pequenos. “As Troianas” porase en escea este venres, 11 de xuño, ás oito e media do serán no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 


Samaniego no café Vecchio, diante da obra do pintor galego

Marcos Samaniego, arquitecto: “Xa conseguimos os primeiros apoios para restaurar o mural de Lugrís na Coruña”

Sociedade 05/06/2010
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

Definicións tales como “unha das mellores obras do surrealismo español” , “un punto de atracción turística” ou “un símbolo da cidade da Coruña” recibe un mural de Urbano Lugrís exposto no Café Vecchio, na rúa real da urbe herculina. O obra, que representa a relación do mar cos seus habitantes a través dunha paisaxe onírica, atópase deteriorada, o que motivou a un grupo de profesionais da restauración e a edificación a presentar un proxecto para a súa recuperación. Cifraron o custe dos traballos en 50.000 euros, unha cantidade que agardan reunir sumando as achegas de particulares, empresas e administracións. “Xa tivemos as primeiras respostas positivas”, adiantou en Radiofusión o arquitecto Marcos Samaniego.


Este ano participaron nas actividades máis de 600 alumnos/as

As escolas municipais de Culleredo acadan o grao de institución

Sociedade 03/06/2010
  Envía a túa opinión

O Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acolle mañá venres a celebración da Xornada de Clausura das Escolas Culturais. Un programa que este ano cumpre vinte e tres anos da súa creación . Un día no que se terá a oportunidade de avaliar o traballo realizado nas diferentes escolas culturais tanto dos escolares como dos adultos que cada ano incrementan a súa participación, contando este ano con máis de 600 alumnos/as. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros