Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe das obras do parque infantil de Vilalba

Vilalba contará cun parque infantil de 1.000 metros cadrados

Sociedade 18/02/2010
  Envía a túa opinión

O maior parque infantil de Vilalba xa comezou as súas obras. O martes 16 de febreiro empezaron os traballos para que os pequenos vilalbeses teñan un lugar de xogos de 1.002 m2 de superficie. Esta nova instalación terá dúas zonas divididas para os nenos de 0 a 3 anos, cunha área de 390 m2; e para cativos de 4 anos en adiante de 610 m2.


Alberto Núñez Feijóo e Gerardo Criado, alcalde de Vilalba, no momento da inauguración do tramo

Núñez Feijóo abre o último tramo da Ag-64, que une Vilalba e Ferrol en 30 minutos

Sociedade 17/02/2010
  Envía a túa opinión

Trinta minutos en coche para ir de Vilalba ata Ferrol. A inauguración do último tramo da AG-64, entre Cabreiros e a capital da chaira, permite conectar a Terra Chá co mar nunha distancia de 53 quilómetros, aforrando case que un 60% do tempo que antes se empregaba para poder chegar á comarca de Ferrolterra. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado de abrir este último treito, nun acto ao que acudiron tamén o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, a delegada da Xunta, Raquel Arias, o subdelegado do Goberno en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe; así como os alcaldes de Vilalba, Gerardo Criado; Xermade, Tomás Rodríguez; Begonte, José Antonio Vázquez; Muras, Issam Alnagm Azzam; As Pontes, Valentín Formoso; e de Ferrol, Vicente Irisarri.


José Cuba durante a competición

O Club de Loita de Vilalba gaña o Galego Cadete de loita e remata segundo en Sénior

Deportes 16/02/2010
  Envía a túa opinión

O Club de Loita de Vilalba foi o gran triunfador do Campionato Galego de loita olímpica nas categorías cadete e sénior, que se celebrou o pasado fin de semana no Pavillón Municipal de Teis, en Vigo. A primeira das categorías deixou ao conxunto chairego no más alto do podio nas dúas modalidades, mentres que en sénior obtivo unha meritoria segunda plaza.


Esta peza podería saír do Museo Provincial de Lugo cara mans privadas

O IESCHA fai un chamamento á reflexión sobre o conflito en torno ao legado de Gil Varela

Sociedade 15/02/2010
  Envía a túa opinión

Normal 0 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) amosou a súa preocupación pola posible perda dos fondos cedidos ao Museo Provincial de Lugo por parte de Álvaro Gil Varela e solicitou ás partes en litixio, os sucesores do filántropo lugués e a propia institución provincial, unha reflexión sosegada, á marxe de materialismos, sobre a necesidade de resgardar este patrimonio cultural e histórico como un ben público.


Un operario de Xantar na Casa entrega a comida nun domicilio

Xermade súmase ao programa de Xantar na casa, que chega a 140 concellos galegos

Sociedade 15/02/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Xermade integrouse dentro do programa da Xunta de Galicia Xantar na Casa, que entrega comida a domicilio a persoas maiores dependentes e está xestionado a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Esta iniciativa distribúe semanalmente almorzos a 223 persoas da provincia de Lugo. O municipio chairego súmase así aos de Chantada, Samos e Ribadeo, que se incorporaron nas últimas semanas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros