Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Andrea realiza actividades de asinoterapia

O Concello de Allariz e as asociacións Andrea e Puzzle únense para axudar ás persoas con discapacidade

Sociedade 01/04/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Asociación para Defensa, Recuperación e Estudo Terapéutico da Raza Asnal (Andrea) traballa na acollida e rehabilitación de burros, pero tamén destina esforzos á terapia asistida con burros (asinoterapia). Neste último senso, está a colaborar co Concello de Allariz e a asociación Puzzle, con sede neste municipio ourensán, para pór todos un gran de area na loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade.


Allariz recoñeceu o labor das mulleres no coidado dos maiores

Conclúen as Xornadas da Igualdade dedicadas á “ética do coidado”

Sociedade 31/03/2009
  Envía a túa opinión

As V Xornadas para a consecución da Igualdade entre homes e mulleres organizadas polo Concello de Allariz concluían esta fin de semana cun balance positivo, segundo a técnica de Igualdade, Ana Cardoso. No seu quinto ano de vida, os eventos estiveron fundamentalmente dedicados á posta en valor e sensibilización da denominada “ética do coidado”.


Cartel dos festexos de Allariz

Ábrese a convocatoria para a confección do cartel anunciador das festas de San Bieito 2009

Sociedade 30/03/2009
  Envía a túa opinión

A Concellería de Cultura do Concello de Allariz vén de convocar o concurso para a confección do cartel anunciador das festas de San Bieito 2009 que se celebrarán o día 10, 11 e 12 de xullo.

 

 


Allariz estará perfectamente sinalizada

Os 92 núcleos poboacionais de Allariz contarán en breve cunha sinalización homoxénea

Sociedade 30/03/2009
  Envía a túa opinión

 A brigada municipal do Concello de Allariz está a colocar nestes días a nova sinalización no conxunto dos 92 núcleos poboacionais da vila. O obxectivo do consistorio é mellorar as infraestruturas a través da homoxeneización da sinalización e conseguir que esta sexa máis apropiada, facilitando a identificación tanto para aqueles que nos visitan como para os servizos públicos e sanitarios de Allariz.


Obras de saneamento

O alcalde de Allariz anuncia o remate das obras de saneamento de Magarelos

Sociedade 26/03/2009
  Envía a túa opinión

O rexedor alaricano, Francisco García, vén de anunciar o remate das obras de saneamento na parroquia de Magarelos e os cambios da fosa séptica en Pousada. Uns traballos que foron posibles grazas a un convenio asinado entre o consistorio e a Consellaría do Medio Rural, enmarcado no Programa Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros